Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se convocan exames ordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2001.

A orde da Consellería de Industria e Comercio do 27 de decembro de 2000 (DOG nº 11, do 16 de xaneiro) pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación,

mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, establece no seu artigo 5, que a convocatoria de exames se publicará anualmente, mediante resolución da dirección xeral competente en materia de industria.

En virtude da citada competencia,

RESOLVO:

Convoca-los exames ordinarios do ano 2001 para a obtención de carnés profesionais, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a obtención de carnés profesionais nas seguintes especialidades:

1. Instalador de fontanería.

2. Operador industrial de caldeiras.

3. Operador industrial de caldeiras de recuperación de lixivias negras.

4. Instalador de calefacción e auga quente sanitaria.

5. Instalador de climatización.

6. Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

7. Mantedor de climatización.

8. Instalador electricista de baixa tensión.

9. Instalador de gas, categoría IG I.

10. Instalador de gas, categoría IG II.

11. Instalador de gas, categoría IG III.

12. Instalador de gas, categoría IG IV.

13. Instalador frigorista.

14. Conservador-reparador frigorista.

15. Instalador de aparellos para a preparación rápida de café.

16. Conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café.

Segunda.-Datas e lugares de realización dos exames.

2.1. Os exames realizaranse nas seguintes datas e horas:

-Instalador de fontanería:

26 de xuño ás 9 horas.

21 de novembro ás 9 horas.

-Operador industrial de caldeiras:

25 de xuño ás 9 horas.

19 de novembro ás 9 horas.

-Instalador e mantedor de calefacción e auga quente sanitaria:

27 de xuño ás 9 horas.

28 de novembro ás 9 horas.

-Instalador e mantedor de climatización:

28 de xuño ás 9 horas.

29 de novembro ás 9 horas.

-Instalador electricista de baixa tensión:

3 de xullo ás 9 horas.

26 de novembro ás 9 horas.

-Instalador de gas IG I e IG III:

29 de xuño ás 9 horas.

15 de novembro ás 9 horas.

-Instalador de gas IG II e IG IV:

4 de xullo ás 9 horas.

14 de novembro ás 9 horas.

-Instalador e conservador-reparador frigorista:

5 de xullo ás 9 horas.

11 de novembro ás 9 horas.

-Operador industrial de caldeiras de recuperación de lixivias negras e instalador e conservador de aparellos para a preparación rápida de café:

6 de xullo ás 9 horas.

13 de novembro ás 9 horas.

2.2. Os exames realizaranse nas catro provincias. Os locais onde se desenvolverán os exames indicaranse nas listas definitivas de admitidos e excluídos que se publicarán nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitidos á realización das probas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

-Ser maior de idade.

-Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título ou certificado da especialidade solicitada, de conformidade co establecido no anexo da citada Orde do 27 de decembro de 2000 e/ou ter superado un curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida na especialidade correspondente.

Estes requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta.-Solicitudes e documentación.

4.1. Os aspirantes deberán solicita-la súa admisión ás probas mediante instancia dirixida ó delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda, segundo o modelo que figura no anexo.

4.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, no das súas delegacións provinciais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

4.3. Xunto coa solicitude modelo, será preciso presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Copia compulsada do certificado ou do título de estudios e/ou, de se-lo caso, certificado expedido pola entidade recoñecida pola Consellería de Industria, de asistencia e superación das probas de aptitude do curso teórico-práctico impartido pola entidade acreditada, de conformidade co establecido no punto segundo desta resolución.

c) Xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

4.4. En concepto de dereitos de exame aboarase a cantidade de 2.685 pesetas correspondente á clave 32.07.01.

Quinta.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para a realización dos exames para a obtención do carné profesional nas especialidades que correspondan, comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 31 de maio para a convocatoria de xuño e o 8 de outubro para a convocatoria de novembro.

As solicitudes presentadas con anterioridade a esta resolución serán igualmente válidas sempre que cumpran coas condicións especificadas, no punto terceiro.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

Terminado o prazo de presentación de solicitudes a lista provisional de admitidos e excluídos publicarase no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais.

Os aspirantes excluídos, así como os que non figuren nas relacións de admitidos nin excluídos, disporán de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da devandita publicación no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial de Industria, para a emenda de defectos.

Sétima.-Tribunal cualificador.

7.1. Os tribunais estarán compostos polos seguintes membros:

-Instalador de fontanería.

Tribunal nº 1.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretaria: Lourdes Courtier Ramos.

Suplente: Rosa Martínez García.

Vocal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vocal suplente: José Jesús Mª Castro Gómez.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Juan Ramón Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vocal Pontevedra: Francisco Asensio Fernández-Castanys.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Operador industrial de caldeiras.

Tribunal nº 2.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretario: Manuel Aranda Riveiro.

Suplente: Lourdes Courtier Ramos.

Vocal A Coruña: Alfredo García-Lorenzana Berro- ya.

Vocal suplente: José Jesús Mª Castro Gómez.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Miguel Martín Mateo.

Vocal Pontevedra: Francisco Sánchez Ulloa-Villar.

Vocal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

-Instalador e mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

Tribunal nº 3.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Juan José Iglesias Suárez.

Secretario: Santiago González Serrano.

Suplente: Manuel Aranda Riveiro.

Vocal A Coruña: Antonio Carballeira Salido.

Vocal suplente: Alberto Palencia Marroquin.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco Gonzalez.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Instalador e mantedor de climatización.

Tribunal nº 4.

Presidente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretario: Ángel Bernardo Tahoces.

Suplente: Rosa Martínez García.

Vocal A Coruña: Alberto Palencia Marroquin.

Vocal suplente: José Jesús Mª Castro Goméz.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Instalador electricista de baixa tensión.

Tribunal nº 5.

Presidente: Carlos Gómez Martínez.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretaria: Rosa Martínez García.

Suplente: Lourdes Courtier Ramos.

Vocal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vocal suplente: Antonio Carballeira Salido.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Juan Ramón Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vocal Pontevedra: José Antonio González Cerreda.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Instalador de gas IG-I e IG-III.

Tribunal nº 6.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretario: Manuel Aranda Riveiro.

Suplente: Ángel Bernardo Tahoces.

Vocal A Coruña: José Antonio Goméz González.

Vocal suplente: Antonio Carballeira Salido.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Francisco Sánchez Ulloa-Villar.

-Instalador de gas IG-II e IG-IV.

Tribunal nº 7.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretario: Manuel Aranda Riveiro.

Suplente: Santiago González Serrano.

Vocal A Coruña: José Antonio Goméz González.

Vocal suplente: Antonio Carballeira Salido.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vocal suplente: Juan R. Velasco González.

Vocal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vocal suplente: Francisco Sánchez Ulloa-Villar.

-Instalador, conservador-reparador frigorista.

Tribunal nº 8.

Presidente: Carlos Gómez Martínez.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretaria: Rosa Martínez García.

Suplente: Ángel Bernardo Tahoces.

Vocal A Coruña: Alfredo García Lorenzana-Berroya.

Vocal suplente: Alberto Palencia Marroquin.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Miguel Martín Mateo.

Vocal Pontevedra: Juan Llorente Carazo.

Vocal suplente: Jesús Gayoso Álvarez.

-Operador industrial de caldeiras de recuperación de lixivias negras e instalador e conservador de aparellos para a preparación rápida de café.

Tribunal nº 9.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretario: Santiago González Serrano.

Suplente: Rosa Martínez García.

Vocal A Coruña: José Jesús Mª Castro.

Vocal suplente: Alfredo García-Lorenzana Berroya.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Miguel Martín Mateo.

Vocal Pontevedra: Jesús Gayoso Álvarez.

Vocal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

7.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

7.3. Os membros dos tribunais percibirán as indemnizacións correspondentes segundo o establecido no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro.

Oitava.-Desenvolvemento dos exames.

8.1. Os exames estarán constituídos por dúas partes que se desenvolverán no mesmo día, nas datas que se recollen na base segunda desta resolución.

Primeira parte.-Estará constituída un exercicio teórico, por escrito, consistente na resolución de preguntas propostas polo tribunal sobre as materias regulamentarias establecidas para cada especialidade,

Segunda parte.-Consistirá nun suposto práctico ou nunha proba práctica que versará sobre unha ou varias operacións propostas polo tribunal en relación cos requirimentos prácticos establecidos para cada especialidade. Neste exercicio os candidatos poderán utiliza-lo correspondente regulamento técnico.

8.2. Para a realización do exame os candidatos deberán ir provistos, para cada exercicio, do seu documento nacional de identidade.

Novena.-Cualificación dos exames.

9.1. Os exames cualificaranse como aptos ou non aptos.

9.2. O conxunto da proba valorarase cunha nota comprendida no intervalo de 0 a 100 puntos. A puntuación para supera-los exercicios, así como a puntuación final necesaria para ser declarado apto, será de 50 puntos.

Décima.-Lista de aprobados.

O tribunal cualificador elevará á Dirección Xeral de Industria a relación provisional de aprobados por provincias. O director xeral elevará a definitiva a lista de aprobados e dará traslado desta ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos seus respectivos taboleiros de anuncios.

O tribunal cualificador resolverá cantas incidencias se susciten no eido da presente convocatoria e contra as súas resolucións poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Industria. A resolución deste centro directivo esgota a vía administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria