Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da subministración dun mínimo de trinta e oito (38) vehículos todo terreo para a mobilidade dos xefes e técnicos de distrito forestal.

1. Orzamento máximo: 129.580.000 pesetas (778.791,48 euros).

2. Prazo de execución do contrato: tres meses.

3. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 2.591.600 pesetas (15.575,83 euros).

4. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 5.183.200 pesetas (31.151,66 euros).

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 2 de xullo de 2001, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 7.1. do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre da proposición económica, a establecida no punto 7.2. do prego de cláusulas administrativas.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida no punto 7.3. do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública; edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 9 de xullo de 2001.

9. Obtención da documentación.

9.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Sub

dirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=373.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

9.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente