Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do parque eólico denominado Pena da Loba. (Expediente 7/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico denominado Pena da Loba, con 37 aeroxeradores de potencia unitaria de 660 kW, potencia total 24,42 MW, con 37 centros de transformación de 700 kVA, de potencia unitaria; liñas subterráneas de comunicación entre aeroxeradores e subestación transformadora, subestación transformadora de relación 30/132 kV, equipada con dous transformadores de 50 MVA, un transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 30/0,42 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol, situado no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (expediente 7/1999), por resolución da Consellería de Industria e Comercio con data do 15 de xaneiro de 2001, a favor da entidade beneficiaria Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., con enderezo para efectos de notificación na rúa do Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-lo día 7 de xuño de 2001, no Concello das Pontes de García Rodríguez, para o levantamento das actas previas á ocu

pación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso, contidos na relación dos predios que se xunta e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello das Pontes de García Rodríguez, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia con data do 2 de febreiro de 2001; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-la data e hora do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello, sen prexuízo de desprazarse ós predios se fose necesario.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos que se afectan polas instalacións do P.E. Pena da Loba

Obra: parque eólico Pena da Loba.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Superficie en ha

Nº de predio

no plano

PropietarioEnderezoPleno dominioServidumesClasificaciónLugarLindeiros

SubestaciónGabias

63Herdeiros de Josefa Guerreiro Pena

Representante: Carlos Rego Guerreiro

A Cabana, O Freixo

15326 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

0,3260M/ baixoA CabanaN. Alejandro López Bouza

S. Resto de predio

L. José Durán Paz

O. Resto de predio

64Alejandro López BouzaA Cabana, O Freixo

15326 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

0,17570,3017PasteiroA CabanaN. Herd. de Josefa Pena

S. Herd. de Josefa Pena

L. José Durán Paz

O. Camiño

Superficie en ha

Nº de predio

no plano

PropietarioEnderezoPleno dominioServidumesClasificaciónLugarLindeiros

SubestaciónGabias

65Herdeiros de José Durán Pazr/ Castelao, 10-1º

15320 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

0,49371,0862M/ altoCaxadoN. Resto de predio

S. Resto de predio

L. Resto de predio

O. Alejando López Bouza e outros