Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C. seccionamento Veiga-Telleira-Goldar.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 61 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio n.4 da L.M.T. BAL 7.07, alimentando en bucle ó C. seccionamento que se proxecta denominado Veiga, rematando nun apoio proxectado tipo H.V.H.-1.600/13 desde onde continúa en subterránea, con conductor tipo R.H.V., de 400 m de lonxitude, rematando no C.T. existente de Telleira. Centro de seccionamento con tres celas de liña. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 2 de abril de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra