Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/104-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. O Carril II-Guillán.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 970 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio do cambio aéreo-subterráneo da L.M.T.S. O Carril II ata a L.M.T. Trabanca-Sardiñeira. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 32 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 7 da L.M.T. O Carril II ata o C.T. de Guillán. Toda a instalación está situada no concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 27 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra