Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de abril de 2001 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas, idiomas e inspección educativa para o curso 2001-2002.

As ordes do 10 de outubro de 2000 (DOG do 27 de outubro), pola que se convocaba concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes na inspección educativa e entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, establece que as vacantes provisionais do concurso publicaranse antes do 21 de marzo de 2001 e as vacantes definitivas antes do 21 de maio de 2001, no Diario Oficial de Galicia.

Publicadas as vacantes provisionais por Orde do 3 de marzo de 2001 (DOG do 15 de marzo) e vistas as reclamacións presentadas ás mesmas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI, VII e VIII desta orde as vacantes definitivas para o curso 2001-2002 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos e sedes da inspección educativa.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto nas ordes de convocatoria.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria