Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 9 de abril de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de compensación da unidade de xestión D (UX-D) do Plan Especial de Reforma Interior dos Concheiros, promovido por Edipromfer, S.L.

O ámbito de actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: casa número 80 da rúa das Fontiñas e terreos colindantes.

Sur e leste: rúa do Cotaredo.

Oeste: terreos pertencentes ó polígono 4 do Plan parcial das Fontiñas, propiedade de Pilar González Botana, irmáns Vieiro Torres e Elvira del Río Vieiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44.3º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo