Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do 25 de abril de 2001, o estudio de detalle nº 8 zona comprendida entre r/ Paramos-r/ Rafael Tilve Adrio e acceso a PO-410 promovido por Vivendas Caselas, S.L., sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no DOG e no BOP (Pontevedra) e nun dos diarios de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 44, punto 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na secretaría do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Salceda de Caselas, 2 de maio de 2001.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde