Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Aprobado por resolución da Alcaldía en data 10 de abril de 2001 o expediente de contratación da obra de parque público nas Modias incluída no POS 2001, segundo prego de claúsulas administrativas establecido pola deputación provincial, convócase concurso para a contratación da referida obra.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Realización da obra de parque público nas Modias.

b) Lugar de execución: As Modias-San Martiño do Porto.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

a) Tipo de licitación máximo: 10.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: Rúa do Concello, 2.

c) Localidade: e código postal: Cabanas, 15621.

d) Teléfono: 981 49 59 59.

e) Fax: 981 43 19 44.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata as 13 horas do último día de prestación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG.

b) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cabanas. As proposicións non presentadas directamente comunicaranse por fax ou telegrama antes da hora na que remata o prazo de presentación, debendo acreditarse a data de envío da documentación.

d) Admisión de variantes: non se aceptan.

9. Apertura de ofertas.

a) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

b) Hora e lugar: ás doce horas no salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas.

10. Outras informacións.

As proposicións axustaranse ó modelo que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cabanas, 10 de abril de 2001.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa