Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno na sesión do 11 de abril de 2000, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto, polo trámite de urxencia, con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta Corporación, das obras que se sinalan, expñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación referida, que poderá ser obxecto de exame e reclamacións neste concello durante o prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP, para o contrato coas características que se indican seguidamente:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: ampliación e acondicionamento da gardeiría I e II ciclo.

2. Tipo de licitación: 10.530.054 pesetas (63.286,90 euros).

3. Partida: 42.260.100.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (Pardo Bazán nº 6, en Burela).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 210.601 pesetas (1.266,22 euros).

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento de pagamento: fondos propios e Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 2 de maio de 2001.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

Mª Elisa Mogo Miranda

Secretaria interina

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dª..., de estado...., profesión...., con enderezo na rúa nº...., DNI nº...., expedido...., (ou en represen

tación) de.... con NIF nº.... como acredita por...., comprometéndose a realiza-las obras do proxecto técnico de «....» no prazo de.... (letra e número) IVE incluído, no prazo de .... (en letra en número) meses, de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas particulares, que acepta íntegra e incodicionalmente, sen ningunha excepción e comprometéndose á realización de unidades de obra adicional que determinará Administración, por importe total de... (en letra e número) ptas., valorados os prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir a prezos de execución material.

En.... o.... de.... de 2001.

O licitador (Asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación das obras de.... presentada por:....

En.... o.... de.... de 2001

O licitador (Asinado e rubricado)