Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 2 de abril de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego sucursal 0101, rúa Concepción Arenal, nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R.).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 2 de abril de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

ANEXO

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Rivas Tobío, Fátima35317292Asistencia sanitaria28-1-200135.840

Velasco, Luz63498721 pasaporteAsistencia sanitaria19-12-200035.840

Costa Rodrigues, Elaine daCg009540 pasaporteAsistencia sanitaria16-8-200035.840

Cortes Arredondo, Martha CeciliaCc52390127 pasaporteAsistencia sanitaria18-12-200035.840

Zamora Rodríguez, Diana ConstanzaCc67010891 pasaporteAsistencia sanitaria17-12-200035.840

Fernández Rosende, Enrique54335448Asistencia sanitaria24-12-200035.840

Contreras de Moja, AlbaV18813346 pasaporteAsistencia sanitaria17-11-200035.840

Cardona Buitrago, Sonia LilianaCc66713549 pasaporteAsistencia sanitaria10-1-200135.840

Vidangos Rojas, Teresa995507 pasaporteAsistencia sanitaria21-10-200035.840