Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de maio 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección das obras do centro de saúde de Tenorio-Cotobade (Pontevedra).

-Obxeto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección das obras.

-Obra: centro de saúde de Tenorio-Cotobade (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 3.171.512 pesetas (19.061,17 euros).

-Prazo de execución: 2 meses.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles, de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernandez-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos