Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 4 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude dun aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial denominado Laias, número 38, no termo municipal de Cenlle (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, fai saber que Gestión de Balnearios, S.L. solicitou o aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial denominado Laias, nº 38 do termo municipal de Cenlle (Ourense), cun perímetro de protección do que a designación, para a zona máis ampla, vén determinada pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas xeográficas.

XY

Vértice 18º 4' 13,08'' 42º 10' 48,62''

Vértice 28º 1' 46,73'' 42º 20' 88,15''

Vértice 37º 59' 48,78''42º 21' 8,58''

Vértice 47º 59' 55,51''42º 19' 35,07''

Vértice 38º 2' 21,92''42º 18' 20,40''

O que se fai público para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar ante esta delegación provincial canto conveña ós seus intereses no prazo de quince días.

Ourense, 4 de abril de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense