Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Currás. (Expediente 4/2000).

Examinado o expediente instruído por instancia de Eurovento, S.L. Unipersonal, con domicilio para efectos de notificacións na rúa Varsovia 4-C, 5ª planta. Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Currás; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 18 de xullo de 2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de efectos ambientais e declaración de utilidade pública do parque eólico denominado Currás, de 7,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se

regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, del sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 10 de agosto de 2000, publicada, no diario El Ideal Gallego do 28 de agosto, no DOG do 28 de agosto, no BOP da Coruña do 7 de setembro e no taboleiro de anuncios do Concello de Mazaricos.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O 8 febreiro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeConcelloVértices

CurrásMazaricos (A Coruña)0.496.4864.751.794

0.497.0504.751.866

0.497.1984.751.294

0.497.2614.751.305

0.497.3114.751.033

0.496.9084.751.011

0.496.8854.751.227

Número de aeroxeradores6.

Potencia unitaria por aeroxerador1.300 kW.

Potencia total instalada7,8 MW.

Altura das torres48 metros.

Diámetro das pas62 metros.

Producción neta anual estimada4.322 MWh.

Investimento previsto979.496.725 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-6 centros de transformación de 0,69/30 kV situados no interior da base da torre de cada aeroxerador, formado por un transformador de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e os elementos de protección e manobra correspondentes.

-840 m de cable subterráneo RHZI 18/30 kV 3x1x240 mm para a interconexión eléctrica entre aeroxeradores e a estación de manobra.

-Unha estación de manobra, en caseta de formigón prefabricado, para realizar a interconexión coa rede eléctrica existente para o parque eólico de Paxareiras II F (A Ruña), a través da liña aérea de 30 kV SE Paxareiras. Estará composta por tres celas de entrada de liña e unha de saída, cos elementos de protección e medida correspondentes.

-A transformación de 30 a 66 kV realízase na subestación das Paxareiras, que conta cun transformador de 40/50 MVA, e que é utilizado conxun

tamente polos parques eólicos de Currás, A Ruña e Virxe do Monte.

A ampliación do transformador existente de 40 MVA a 50 MVA realízase mediante ventilación forzada e inclúese a dita ampliación neste proxecto.

Cuarto.-O 17 de xaneiro de 2001, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, do parque eólico denominado Currás, de 7,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto no citado Real decreto 2818/1998.

Quinto.-O 2 de marzo de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e Real decreto 2818/1998, de 23 de decembro xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE

-Autorizar a Eurovento, S.L. Unipersonal a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Currás, que se vai situar no Concello de Mazaricos.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial, e incluíla no grupo b2 do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento, S.L. Unipersonal, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 19.589.934,5 pesetas, importe do 2% do orza

mento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan deberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 979.496.725 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento, S.L. Unipersonal, no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado por orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento das condicións impostas nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 23 de novembro de 1998, así como aquelas que, no seu día, se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria