Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de costas 2000/0100 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29 de xullo) e do seu Regulamento de data 1 de decembro de 1989 (BOE nº 297, do 12 de decembro), modificado polo R.D. 1112/1992, do 18 de setembro (BOE nº 240, do 6 de outubro), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999).

A resolución será acordada polo delegado provincial de Medio Ambiente da Coruña, segundo o disposto no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e no artigo 4.2º do Decreto 151/1995, do 15 de maio, que establecen a súa competencia para multas de ata 15.000.000 de pesetas.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, coiden convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poder ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 16 de abril de 2001.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente conservación do litoral: 2000/0100.

Denunciado: Vázquez Diéguez, Plácido.

DNI:

Último domicilio coñecido: lgar. A Aguieira-Portosín-Porto do Son 15970 A Coruña.

Infracción: construcción de escaleiras, valo de terra, cuberta e beirís.

Tipificación: artigo 91 e) da Lei 22/1998, de costas.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 95.000 pesetas.

Expediente conservación do litoral: 2001/0003.

Denunciado: Óscar Saavedra Promociones, S.L.

DNI:

Último domicilio coñecido: paseo Mandiá-O Burgo-Cambre 15660 A Coruña.

Infracción: construcción de vivendas.

Tipificación: artigo 91 e) da Lei 22/1998, de costas.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 284.375 pesetas.

Expediente conservación do litoral: 2001/0005.

Denunciado: Costa López, Francisco Javier.

DNI:

Último domicilio coñecido: Alfonos XII, 70 Ferrol 15400 A Coruña.

Infracción: construcción dun cerramento dun predio con postes de madeira de 1,50 m de altura en zona de servidume de protección sen autorización.

Tipificación: artigo 91 e) da Lei 22/1998, de costas.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 30.250 pesetas.