Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciacion do procedemento sancionador de caza CO-C-0050.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza (DOG nº 133, do 11 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do procedemento se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e MAN desta consellería, segundo o artigo 68 da Lei 4/1997, de caza.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coide convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusacion da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba

o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poder ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña caracter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 10 de abril de 2001

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente caza: CO-C-0050.

Denunciado: Villar Serrano, Pedro.

DNI: 76.335.699-X.

Ultimo domicilio coñecido: Castelo, 28-San Miguel Vilela-15100 Carballo (A Coruña).

Infracción: cazar sen licencia. Cazar sen permiso de couto. Cazar sen ter contratado seguro obrigatorio e sen permiso de armas.

Tipificación: artigo 58.2º, 58.27º, 58.29º e 58.31º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 pesetas e inhabilitacion dun ano e un día.