Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de maio de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da consultoría e asistencia consistente na campaña publicitaria de promoción sobre a carne de vacún de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 86, do venres 4 de maio de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 6.043: onde di: «8. Presentación das ofertas. a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 15 de maio de 2001», debe dicir: 8. Presentación das ofertas. a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 21 de maio de 2001», e, na mesma páxina, onde di: «10. Apertura das ofertas. d) Data: 21 de maio de 2001», debe dicir: «10. Apertura das ofertas. d) 25 de maio de 2001».