Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, parque eólico de Serra do Burgo, en Chandrexa de Queixa, provincia de Ourense. (Expediente IN407A 00/99-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Iberdrola Diversificación, S.A., con enderezo para efectos de notificación en r/ Circunvalación, 17, 32350 A Rúa, Ourense, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 26 de outubro de 2000, a citada empresa solicita, ante a Delegación Provincial de Ourense, a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, presentando o preceptivo proxecto de instalacións ás que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-L.A.T a 132 kV, aérea, de simple circuíto, de 4.658 m de lonxitude total, con conductor LA-180 e cable de fibra óptica, sobre apoios metálicos, con orixe na subestación do parque eólico de Serra do Burgo e final na subestación da Central Hidroeléctrica de San Cristovo, ambas propiedade de empresas do Grupo Iberdrola, S.A. O trazado discorre polo concello de Chandrexa de Queixa (Ourense). A capacidade de transporte da liña é de 80 MW.

O orzamento é de 50.631.978 pesetas.

Segundo.-A Delegación Provincial de Ourense someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública por Resolución do 13 de setembro de 2000, publicada no DOG do 21 de xaneiro e no BOP de Ourense do 19 de xaneiro, así como na Delegación Provincial de Ourense.

Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, non se formularon alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados, e o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, parque eólico de Serra do Burgo, en Chandrexa de Queixa (Ourense).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria