Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Friol, 3ª fase, no concello de Friol. (Expediente 41/1998 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que ó seu paso polos predios relacionados na información pública non se dá ningunha das prohibións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos Decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalació eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea derivación ó C.T. de Lobezao, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV con orixe na L.M.T. Sub. Friol-Friol e remate no C.T. de Lobeazo, cunha lonxitude de 1,073 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm con 8 apoios de formigón.

2. Liña de media tensión aérea derivación ó C.T. de Friol (estrada de Sobrado) cunha tensión nominal

e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. Sub. Friol-Friol e remate no C.T. de Friol (estrada de Sobrado) cunha lonxitude de 0,279 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 2 apoios de formigón.

3. Centro de transformación intemperie de Lobezao, situado en Lobezao, cunha potencia de 200 kVA en relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación prefabricado de Friol (estrada de Sobrado) situado en Friol, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión aérea en Lobezao, con orixe no C.T. de Lobezao, cunha lonxitude de 1,55 km e 30 apoios de formigón.

6. Liña de baixa tensión aérea en Friol (estrada de Sobrado) con orixe no C.T. estrada de Friol-Sobrado, cunha lonxitude de 1,59 km e 40 apoios de formigón.

7. Liña de baixa tensión aérea do C.T. do mercado gandeiro, con orixe no C.T. do mercado gandeiro, cunha lonxitude de 0,43 km e 48 apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens oud e adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execución e anexo, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 18-1-2001.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no xornal El Progreso do 2 de febreiro de 2001, Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo e no BOP de Lugo do 9 de febreiro, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Navia de Suarna. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novem-

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó miinisterio fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 4 de abril de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo