Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/322-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. paseo marítimo Doniños.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: recuamento da liña eléctrica de media tensión, a 15/20 kV, no tramo entre C.T. polígono de tiro e C.T. tras de Outeiro, en paseo marítimo de Doniños, consistente en implantar dous novos apoios nº 65 e 66 de formigón, aerosubterráneo e aéreo respectivamente e tendido, baixo tubo de conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, desde caseta de C.T. polígono de tiro, de 79 m de lonxitude ata apoio 65 de conductor aéreo LA-110, de 110 m de lonxitude entre apoios nº 65 e 66. Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 3 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña