Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001 sobre a presentación de ofertas para a contratación do proxecto das obras de ordenación de espacios no edificio do Parlamento de Galicia.

Vistos o anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio, páxina 5.981, e o informe do Instituto Galego da Vivenda e Solo sobre a supervisión do proxecto de execución de reordenación de espacios públicos no edificio do Parlamento de Galicia.

Facultado por acordo da Mesa do Parlamento do 7 de maio,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar como prazo de remate para a presentación de ofertas no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia o martes día 29 de maio, ás 18.30 h.

Segundo.-Corrixi-la categoría contractual prevista na cláusula administrativa 6ª e onde di: «categoría contractual F», debe dicir: «categoría contractual E».

O que se publica para xeral coñecemento e, de xeito especial, para as empresas interesadas na presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia