Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-27/2001P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de maio).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 10 de abril de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 27/01P.

Denunciado: J.C.A. Hormigones, S.A.

CIF: A36851962.

Último domicilio coñecido: r/ García Barbón, nº 62. Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: proceder á limpeza da cuba dun camión marca Mercedes-Benz, modelo 2225 B, matrícula M-1423-KS, vertendo directamente a unha pequena lagoa xunto ó río Miño restos de formigón transportado nela.

Precepto infrinxido: artigo 77 do Regulamento de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 150.000 pesetas.

Instructora: Miriam Areal López.