Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes por infracción da Lei de pesca fluvial OU 271/2000P e cinco máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 agosto) e máis do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán

dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista, por se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5ª andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 10 de abril de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/anoDenunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

271/2000Construcciones Hermanos Díaz, S.A.

A32013484

R/ José Antonio nº 9, OurenseExplanación do terreo, arrincando toda a argoreda, composta de bidueiros adultos, e enterrando o leito do río.33.10º e 34.22º100.000 pesetas

285/2000Evelio Ballesteros Lorenzo

3781829

Avda. de Compostela, nº 9, baixo O Carballiño (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca33.9º10.000 pesetas

304/2000José María Díez Rivero

53006638-X

R/ Espido, nº 80-1º B Verín

(Ourense)

Pesca xunto con outras persoas de 150 cangrexos vermellos americanos, sen estar en posesión de licencia de pesca, e en día inhábil.34.1º e 34.8º75.000 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la durante un ano

313/2000Manuel Domínguez Trillo

34934579-V

R/ José Antonio nº 34 O Carballiño

(Ourense)

Pescar con tres canas33.4º5.000 pesetas

314/2000Silvino Álvarez Rodríguez

9591601-A

R/ Santa Bárbara, nº 3-2º esqu.

Santa Lucía, Pola de Gordón (León)

Pescar en día inhábil e sen licencia de pesca.34.1º e 33.9º75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

02/2001Eulogio Martínez González

76713441-R

R/ Xesús Carlos Romero

Xinzo de Limia (Ourense)

Pescar sen licencia de pesca, en día inhábil, con tres canas empregando engados non autorizados.33.4º, 33.9º, e 34.1º75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca