Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-65/2000, incoado por infracción da Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. De non o efectuaren voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: C-65/2000.

Denunciado: Manuel Vázquez Vázquez.

DNI: 34.228.316.

Domicilio: Carril do Mercado, nº 2-5º esq. Lugo.

Feito denunciado: non impedir en época inhábil que sete cans de caza de raza beagle vaguen sen control polos terreos cinexéticos do couto LU-10.153, coto de Bagude. Portomarín. Lugo.

Precepto sancionador: 57.10º da Lei 4/1997, de caza en Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Lugo, 26 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo