Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/40-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: saída en M.T. da subestación da Pobra de Trives.

Situación: A Pobra de Trives.

Características técnicas: saída da subestación da L.M.T. de dobre circuíto Guístolas-Trives, aérea a 20 kV de 40 m en conductor LA-110, con orixe no seu apoio nº 1 e remata no nº 2. Liña soterrada a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20, de 77 m derivada desde a posición U.F. subestación Trives e remata no centro de reflexión e transformación proxectado en edificio prefabricado, con 25 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Liña soterrada a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de triple circuíto, sendo os 2 primeiros de 65 m de lonxitude, derivados do centro de reflexión proxectado e con remate no apoio nº 1 proxectado, o circuíto nº 3, de 45 m deriva do centro de reflexión citado e remata en conexión coa L.M.T. soterrada Trives-Cova.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de abril de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense