Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión Casalonga II, número 6996, sito no concello de Teo (A Coruña), promovido por Camilo Carballal, S.L.

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de ava-

liación do impacto ambiental para Galicia (Diario Oficial de Galicia do 25 de setembro), faise pública a Resolución do 9 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e os seus anexos do proxecto de explotación de granito para uso ornamental e areas a ceo aberto, cunha superficie de 87,5 ha e sito no Concello de Teo (A Coruña), denominado Casalonga II, nº 6996 promovido por Camilo Carballal, S.L.

A Coruña, 12 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada polo promotor:

* Proxecto de explotación, estudio de avaliación ambiental e plan de restauración de dúas cuadrículas denominadas Casalonga II, nº 6996. Xuño 1998.

* Prospección arqueolóxica superficial intensiva. Informe valorativo - Memoria. Xuño 2000.

* Anexo: corrección de documentación do proxecto de concesión de explotación Casalonga nº 6996. Xullo 1999.

* Anexo: corrección de documentación do proxecto de concesión de explotación Casalonga nº 6996. Outubro 2000.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental e na documentación complementaria presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. En calquera caso, a prelación da documentación é a seguinte: declaración de impacto ambiental, documentación complementaria e estudio de impacto ambiental e plan de restauración, por esta orde.

Condicións.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ós labores de explotación a ceo aberto dun xacigo de granito ornamental, que se levarán a cabo sobre unha superficie total ocupada de 87,5 ha, de acordo co definido no plan Coordenadas UTM do perímetro a alterar. Plano nº 1 que figura o anexo: documentación adicional. Corrección de documentación do proxecto de concesión de explotación Casalonga nº 6996. Outubro 2000.

A superficie ámbito da presente DIA atópase incluída no perímetro delimitado polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice X Y

1532.123,874.739.692,40

2532.513,974.739.748,68

3532.591,104.739.978,25

4532.709,844.740.122,94

5532.688,534.740.511,55

6532.616,874.740.664,17

7532.407,634.740.785,49

8532.065,294.740.754,39

9531.855,664.740.616,54

10531.724,594.740.287,11

11531.721,864.740.035,74

12531.746,304.739.817,92

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po e gases.

Adoptaranse as medidas descritas no estudio e anexo para que os niveis de po, producidos fundamentalmente polas voaduras de arrinca do material e o seu transporte, non superen os límites para partículas sedimentables establecidos polo Real decreto 1321/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Real decreto 1613/1985, do 1 de agosto, e se establecen novas normas de calidade do aire no referente á contaminación por dióxido de xofre e partículas.

Así mesmo cumprirase, se é o caso, co establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

2.2. Sobre o ruído.

Adoptaranse as medidas descritas no estudio para que os niveis de ruído, producidos fundamentalmente polos labores de desmonte mediante explosivos, medidos nas vivendas máis próximas á zona de explotación dos núcleos habitados de Cornide, Mouromorto, Texexe e Vilar do Medio cumpran co disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto) e, se é o caso, co disposto nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, o promotor deberá presentar un estudio acústico para o control dos niveis de ruído producidos pola explotación, de acordo co requirido no punto 10.2.1. desta DIA.

3. Protección das augas.

3.1. Tal e como se indica no proxecto, impedirase a entrada das augas de escorrega superficial no interior dos ocos de explotación e das entulleiras mediante a construcción de canles de intercepción ou garda. Así mesmo, os accesos ós bancos da explotación estarán dotados de cunetas para a recolla de pluviais, conectadas ó sistema de drenaxe e tratamento proxectado.

3.2. Co fin de evita-la afección da rede hidrolóxica, e de acordo co estudio presentado, tanto as augas de pluviais que incidan directamente sobre a fronte de explotación como as procedentes de calquera outro labor relacionado directamente coa explotación, conduciranse ata as balsas de decantación proxectadas.

Así mesmo, as augas procedentes da entulleira, parque de almacenamento, área de asentamento das instalacións e amoreamentos de terra vexetal con

duciranse ata as devanditas balsas, de xeito que se garanta o seu correcto tratamento, cumprindo os límites inidcados no punto 3.3. da DIA.

Empregaranse sistemas de disipación de enerxía no punto de vertedura destas balsas para que non se produzan fenómenos de erosión.

3.3. Os valores límite que garanten a calidade físico-química das augas da vertedura, para os parámetros que se indican a seguir, son, segundo o establecido na táboa 3 do anexo ó título IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, os seguintes:

Ph: 5,5-9,5.

Sólidos en suspensión (mg/l): 80.

Materiais sedimentables (ml/l): 0,5.

Sólidos grosos: ausentes.

3.4. Tanto as balsas como as conduccións deberán manterse en perfecto estado, controlando en todo momento o seu correcto funcionamento e procedendo á súa limpeza en épocas de estiaxe e, en calquera caso, sempre que os lodos acaden como máximo a metade da súa capacidade.

3.5. As augas procedentes dos servicios hixiénicos destinados ó persoal da explotación conduciranse ata a fosa séptica prevista, que se deberá limpar periodicamente, xestionando os lodos obtidos conforme o estipulado regulamentariamente.

3.6. Previamente ó inicio dos labores, o promotor deberá contar coa preceptiva autorización de captación e vertedura, de acordo co requirido no punto 10.1. desta DIA.

4. Protección do solo.

4.1. Os amoreamentos de terra vexetal previstos realizaranse de forma que se impida a súa deterioración por compactación (polo paso de maquinaria) ou por erosión hídrica.

4.2. Co fin de conserva-las propiedades da terra vexetal amoreada ata o momento da súa reposición, adoptaranse as medidas necesarias para o seu mantemento: sementeiras a base de gramíneas e leguminosas a razón de 15 g/m, regas nos períodos de seca, remexedura cada seis meses como mínimo e fornecemento de fertilizante mineral. Os lodos de decantación, procedentes dos traballos de limpeza das balsas e do espesador de lodos retiraranse e depositaranse na entulleira, prohibíndose a súa mestura coa terra vexetal amoreada.

4.3. Os labores de mantemento da maquinaria que non poida realizarse en taller autorizado efectuaranse nunha zona delimitada para o efecto, protexida de posibles derrames accidentais, que se reflectirá no plano requirido no punto 10.2.2. da DIA.

4.4. Os residuos xerados nestas tarefas xestionaranse conforme a súa natureza. Os aceites e outros residuos perigosos que se poidan producir deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado, segundo o estipulado no Real decreto 833/1998, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.

En canto non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse nun lugar debidamente sinalizado e localizado no plano requirido no punto 10.2.2 da DIA. En todo caso, prohíbese expresamente o seu almacenamento fóra da zona de explotación.

5. Protección da fauna.

5.1. No perímetro superior da fronte de explotación instalarase un chousume de protección de malla metálica de tipo cinexético, cunha altura non inferior a 1,50 m, de xeito que impida a caída de animais. O chousume manterase en perfecto estado ata remataren os labores de restauración, momento en que será retirado.

5.2. Queda expresamente prohibido o chousume a base de arame de espiños.

6. Protección da vexetación.

6.1. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente compatible cos labores de explotación, co fin de que sirva como pantalla visual, amortecedora do ruído e contra o po.

6.2. A eliminación da vexetación das áreas que se ocupen será sempre mediante sistemas de roza.

6.3. A biomasa vexetal será preferiblemente revalorizada, indicando a esta dirección xeral o seu destino final, segundo o requirido no punto 10.2.3. da DIA.

7. Protección paisaxística.

7.1. Co fin de que a entulleira e a explotación non sexan visibles desde a estrada N-550 (Santiago de Compostela-Vigo) nin desde a autoestrada A-9 (A Coruña-Vigo), antes do inicio da actividade, procederase á plantación da pantalla vexetal proposta, substituíndo o Eucaliptus globulus por Pinus pinaster, sendo a altura das especies que se empreguen como mínimo de 1,5 m.

8. Protección do patrimonio.

Segundo se desprende da prospección arqueolóxica presentada, na que se conclúe que o proxecto non posúe ningunha implicación arqueolóxica, ó atoparse o xacigo máis próximo a uns 600 m ó leste da canteira, e á vista do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, non se considera necesaria a aplicación de medidas correctoras e/ou protectoras.

9. Restauración e revexetación.

9.1. Procederase á restauración de tódalas superficies alteradas (oco de explotación, entulleira, zona de amoreamentos de terra vexetal, instalacións, vías e sistemas de tratamento de augas) como consecuencia da explotación, de acordo co indicado nesta DIA e o plan de restauración que acompaña o estudio de impacto ambiental presentado.

9.2. Como cubrimento de tódalas superficies alteradas estenderase a terra vexetal amoreada previamente, de acordo co descrito no estudio. Esta terra vexetal estenderase cun grosor de 50 cm nas zonas subhorizontais e de 30 cm nas zonas con pendentes máis pronunciadas (maiores de 20º). No caso das achegas externas previstas, deberase xustifica-la súa procedencia e aptitude.

9.3. Sobre toda a superficie alterada pola explotación procederase, en función da natureza e pendente do terreo, á hidrosementeira ou á sementeira á manta, coas doses indicadas no anexo do proxecto de restauración.

9.4. Procederase á rega regular, á fertilización de reforzo anual e á resementeira daquelas superficies nas que se observe a existencia de calvas, ata que se asegure a viabilidade da revexetación.

9.5. Tódalas árbores e sementes que se empreguen reunirán as condicións suficientes de pureza, potencia xerminativa e ausencia de pragas e enfermidades que garantan o éxito da revexetación.

9.6. O desmantelamento das instalacións auxiliares levarase a cabo antes de inicia-los labores de revexetación proxectados.

9.7. Unha vez rematados os traballos de restauración, procederase á restauración do acceso principal, de xeito que se recupere o seu estado orixinal.

10. Documentación adicional.

10.1. Previamente ó inicio da actividade mineira presentarase, a través do órgano substantivo, unha copia da seguinte documentación:

10.1.1. Autorización de captación e vertedura emitida polo organismo de bacía.

10.1.2. Documentación acreditativa de terse dado de alta no rexistro de residuos perigosos como pequeno productor.

10.2. Nun prazo máximo dun (1) mes desde a notificación da presente DIA e, en calquera caso, previamente á autorización administrativa do órgano substantivo, o promotor presentará diante do órgano substantivo, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.2.1. Proposta de estudio acústico para o control das emisións de ruído durante a fase de explotación, tendo en conta que deberá incluír unha medición preoperacional co obxecto de caracteriza-lo ruído ambiental existente na zona. As medicións deberán ser realizadas por entidade homologada e os resultados asinados por un técnico desta entidade. Así mesmo, indicarase o equipo de obras, persoas e maquinaria que estarán en funcionamento durante as medicións.

10.2.2. Plano en planta, a escala 1:1000 e dotado de coordenadas UTM, no que se localice a zona destinada a reparación, mantemento e servicio da maquinaria e almacenamento de residuos.

10.2.3. Xustificación do destino final da biomasa vexetal.

Esta documentación remitiráselle ó órgano substantivo, quen a remitirá a esta dirección xeral para a valoración e, se procede, imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven, non podendo o promotor proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a documentación requirida.

11. Programa de vixilancia ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctas establecidas no estudio ambiental e das condicións desta declaración. Este programa permitirá detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou nas condicións da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, no mes de xaneiro de cada ano, tres (3) exemplares de:

11.1. Resultados do programa de control proposto no estudio ambiental que inclúa a descrición de tódalas accións e operacións de vixilancia levadas a cabo e que reflicte o cumprimento de tódalas medidas correctoras establecidas no estudio e anexo así como as impostas na presente DIA. Así mesmo, deberá completarse coa seguinte documentación:

a) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:1000, no que se diferencien e cuantifiquen as seguintes partidas:

a.1. Superficie alterada acumulada (ha).

a.2. Superficie restaurada acumulada (ha).

a.3. Superficie sen restaurar (ha).

a.4. Previsión de superficies que se alterarán e a restaurarán no seguinte ano.

b) Reportaxe fotográfica na que se reflicta o estado da explotación e dos labores de restauración levados a cabo, indicando nun plano os puntos de toma das fotográficas e a data e hora.

c) Accións levadas a cabo sobre a terra vexetal e o sistema de drenaxe e decantación (control do funcionamento, periodicidade da retirada de lodos e volume retirado).

d) Imprevistos acontecidos e medidas correctoras adoptadas.

11.2. Análise físico-química trimestral das augas provenientes da explotación unha vez decantadas e antes da súa vertedura, no que se inclúan como mínimo os parámetros indicados no punto 3.3. da DIA. Estas análises serán realizadas por un laboratorio homologado.

11.3. Resultados das medicións do nivel de ruído, segundo a proposta que se presentará de acordo co requirido no punto 10.2.1. da DIA.

11.4. Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos aceites provenientes dos labores de mantemento da maquinaria que se realicen na explotación.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente DIA, o órgano substantivo comunicará ó órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. O promotor comunicará á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación.

12.3. De acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a contía do aval, que deberá ser fixada polo órgano substantivo por proposta do órgano ambiental, deberá ser suficiente para responder dos datos que se lle poidan causar ó medio e do seu custo de restauración, garantindo, ademais, o cumprimento das medidas correctoras e protectoras.

Proponse como aval a cantidade de 8.000.000 de ptas./ha alterada, que para a superficie de actuación considerada (87,5 ha) ascende á cantidade de setecentos millóns (700.000.000) de pesetas. O importe do aval poderá ser revisado se o promotor presenta un novo orzamento de execución por contrata dos labores de restauración, tendo en conta as superficies afectadas pola actividade ó cumprir coas condicións desta DIA, e no que se inclúa o plan de vixilancia ambiental e as medidas protectoras e correctoras propostas no estudio e anexo e as derivadas do cumprimento das condicións impostas na presente declaración.

Dado que o aval ten unha longa duración no tempo e co obxecto de manter constante a relación do importe do aval co posible custo que pretende garantir, acordarase a súa actualización cada cinco (5) anos, de acordo coa disposición adicional terceira do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. O aval revisarase segundo o exposto no anexo III desta DIA.

12.4. As condicións indicadas nesta DIA son de obrigado cumprimento para o promotor. Sen embargo, este poderá solicitar ó órgano ambiental, a través do órgano substantivo, a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo de un (1) mes despois de lle ser notificada a presente DIA polo órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos de explotación antes de contar coa resolución desta dirección xeral para o efecto.

12.5. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.6. Calquera cambio na documentación obxecto do proxecto de explotación da concesión Casalonga nº 6996 ou na restante documentación avaliada deberá ser comunicado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da decla

ración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.7. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicións adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

12.8. Se, unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de impacto severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e que sexan corrixidas.

12.9. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

12.10. En materia urbanística, o proxecto estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

12.11. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, se é o caso os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

12.12. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto presentado pretende a ampliación dunha canteira autorizada no Concello de Teo, denominada Casalonga nº 69, dedicada á extracción de granito para uso ornamental e granulados.

O método de explotación será o mesmo que o da canteira Casalonga nº 69, mediante banqueo escalonado de 11 metros de altura máxima. Os bloques obtidos serán cargados en dumpers e trasladados ás instalacións existentes na actual canteira, mentras que os entullos terán un dobre destino: aproximadamente un 60% trasladarase á planta de granulados, tamén existente na actual canteira, mentras que o resto será depositado na entulleira. O noiro xeral da explotación será de 45º-55º e a altura máxima 40 metros. O ritmo de explotación previsto é de 240.000 m/ano existindo reservas para 46,8 anos.

O perímetro da superficie afectada é de 85 ha, comprendendo o frente de explotación, a entulleira, zona de amoreamento de terra vexetal e a zona destinada ás instalacións auxiliares. No proxecto prevese a restauración da praza de explotación, bermas, pistas, balsas e praza de entulleira, noiros e desmantelación de instalacións.

Medidas correctoras

Atmosfera.

* Rega periódica do terreo onde se está a traballar e das pistas utilizadas polos vehículos de transporte.

* Utilización de carros perforadores dotados de sistemas de captación de po.

* Emprego de pantallas vexetais contra o vento e o ruído.

* Mantemento periódico da maquinaria.

Augas.

* Creación de sistemas de drenaxe para a recolla das augas externas á zona e as provenientes da entulleira.

* Reducción da pendente dos noiros da escavación e do solo para diminuí-la capacidade erosiva da auga e facilita-la implantación da vexetación.

* Implantación dun sistema de recolla e depuración de augas residuais.

Solo.

* Adopción de medidas para evita-los desprendementos.

* Retirada e almacenamento da terra vexetal nas zonas ocupadas pola explotación.

* Revexetación, con especies autóctonas, do sistema afectado.

Flora e fauna.

* Emprego de pantallas vexetais para a diminución de ruídos.

* Acondicionamento do solo (rega, fertilización) e revexetación con especies autóctonas.

Paisaxe.

* Remodelación do terreo, eliminando arestas e cambios bruscos do terreo.

* Plantación de árbores e arbustos que actúen como pantallas visuais.

* Revexetación xeral dos terreos afectados.

Socioeconomía.

* Contratación de persoal das aldeas e vilas máis próximas.

* A empresa participa na mellora das infraestructuras viarias e urbanísticas da comarca.

ANEXO II

Resultado das consultas realizadas

* A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural acorda emitir informe favorable do proxecto de explotación Casalonga II, nº 6996, Teo (A Coruña), indicando que as conclusións recollidas na memoria da prospección arqueolóxica serán incluídas na correspondente declaración ambiental.

* A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural indica no seu informe o seguinte:

-Consideran que a medida de incorpora-la auga drenada nas gabias das plataformas de traballo, das pistas e das bermas ás gabias das vías de comunicación é pouco satisfactoria, proponse o paso pre

vio por una balsa de decantacióin para que sedimenten os sólidos en suspensión.

Sobre a realización dunha gabia de garda que evacuará as súas augas a unha balsa de decantación, consideran válida a proposta para a situación actual, xa que se calculou o caudal tendo en conta a bacía actual. Sen embargo, nun futuro o seu tamaño verase incrementado polo avance do oco de explotación, afectando proporcionalmente o tamaño da balsa, sen ter en conta a achega do resto das gabias que deberán confluír na balsa.

-Considérase necesario dotar dunha gabia perimetral o acúmulo de terra vexetal, entulleira, parque de almacenamento así como a área de asentamento das instalacións. Derivando o sistema de drenaxe cara ó sistema depurador proposto. No tocante ós lodos que se recollan, resgardaranse axeitadamente para evita-la súa perda. Ademais dun dimensionamento adecuado da balsa de acordo coas novas especificacións, deberase garantir tecnicamente a resistencia dos seus muros á contención dos lodos. Procederase tamén á limpeza periódica da balsa ou ben garantirase o seu poder depurador a pesar da diminución da súa capacidade de decantación co aumento dos lodos.

-A auga deberá incorporarse ós cursos naturais en condicións mínimas de calidade físico-química (cumprindo o preceptuado na lexislación vixente), sendo respectuoso co curso ó incorporarse, sen producir erosión na súa traxectoria nin tampouco deposición de sólidos ou asolagamentos. Calquera actividade derivada da explotación deberá te-lo control sobre a calidade das augas de xeito que se garantan os mínimos admisibles. Deberase garantir que isto se cumpra mentres dure a actividade da extracción, así como despois de efectuada a restauración. Considerarase válida a adopción das medidas aquí propostas ou ben alternativa viable.

-Perimetralmente ó oco de explotación farase un valado que sirva de barreira física fronte á caída de persoas e animais; ademais do valado, proverase de sinalización que indique a presencia da mina.

-Dotarase perimetralmente a explotación dunha pantalla vexetal, cunha triple finalidade:

1. Adecuación e integración da actividade no contorno no que se sitúe.

2. Servir de barreira ó po xerado na explotación.

3. Mitiga-lo efecto das ondas sonoras xeradas pola actividade mineira.

A escolla das características da pantalla que se empregue basearase no cumprimento dos puntos anteriores; polo que deberá ter unha densidade e tamaño adecuado, un crecemento rápido (inicial), e ser efectiva todo o ano e durante a actividade mineira; primará o emprego de especies autóctonas.

-Para as cortas deberá pedirse permiso ó servicio correspondente de montes.

-Deberá de amorearse a terra vexetal da zona de localización da entulleira, para impedir deste xeito a perda das propiedades deste ben, facilitando pola súa vez un mellor asentamento da entulleira cun menor risco de deslizamento.

-Conclusións: considérase viable a realización da explotación sempre e cando se cumpra o exposto neste informe, así como as medidas propostas no proxecto, estudio de efectos ambientais e plan de restauración.

* A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio emite informe no que se contemplan os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da declaración: para calquera ampliación no futuro da superficie inicial deberase presentar un novo estudio de impacto ambiental e plan de restauración para a nova superficie explotable.

-Calidade do aire: observarase o disposto na ITC 07.01.04.

-Vías e pistas: observarase o disposto na ITC 07.01.03.

-Flora: respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente compatible cos labores de explotación, co fin de que sirva como pantalla visual ou acústica.

-Residuos: os residuos deberán ser entregados a xestores autorizados.

-Prospección arqueolóxica: o explotador deberá dar conta ó organismo competente en materia arqueolóxica de calquera indicio de tal natureza que atope na explotación.

-Medidas de control e vixilancia ambiental: tanto o órgano ambiental, como o órgano substantivo poderán establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicións adicionais en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

-Condicións finais: o promotor presentará informes anuais ante o órgano substantivo, adxuntos ó preceptivo Plan de labores, que serán remitidos seguidamente ó órgano ambiental, das medidas correctoras e do desenvolvemento dos traballos de restauración levados a cabo.

ANEXO III

Actualización do aval

Cada cinco (5) anos o aval actualizarase de acordo coa seguinte fórmula:

Ti=Toxl1 x...x li-1x(S-SR)

So

Sendo:

To= importe total do aval inicial.

Ti=importe do aval no ano i.

i=ano de explotación.

So=superficie inicial prevista para restaurar.

SRi=superficie restaurada ata o ano i.

li=inflación no ano i (IPC en Galicia).

Previamente ó cambio do aval, o órgano substantivo fixará a superficie restaurada ata o ano i SRi.

O cambio efectuarase cada cinco anos ou antes no caso de que o promotor o solicitase.