Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.362

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por ordes do 19 de marzo de 1997, 15 de marzo de 1999 e 15 de marzo de 2000 na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 2 de maio de 2001 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prác

ticas establecida na Orde do 15 de marzo de 2000, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por ordes do 19 de marzo de 1997, 15 de marzo de 1999 e 15 de marzo de 2000, conforme recolle o anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que se desprazar da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados para utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira ou segunda consonte corresponda.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario.

*Lingua castelá e literatura, francés, inglés e lingua e literatura galegas.

Presidente: Freire Lamas, Constantino.

Vocais:

Lagarón Ron, María Dolores.

López Mejuto, Manuel.

Serna Masía, Isabel.

Vázquez Pérez, María Paula.

*Música e psicoloxía e pedagoxía:

Presidente: Prol Cid, Constantino.

Vocais:

López Fariña, Miguel.

Rodríguez Ruibal, María Carmen.

Sanz Lobo, María Dolores.

Yebra Folgueral, María Jesús.

*Tecnoloxía e educación física.

Presidente: Pérez Santiago, Rosa.

Vocais:

Fraga Cepeda, Pablo.

Gurrián Rodríguez, Ricardo.

Iglesias Mosteiro, Manuel.

Rodríguez Mera, María Belén.

*Debuxo, matemáticas, física e bioloxía:

Presidente: López Pérez, Juan.

Vocais:

Calderón Fernández, María Luisa.

García Riestra, María Carmen.

Lucas Rodríguez, Nicolás.

Reguera González, Antonio.

*Área: formación profesional específica.

Presidente: Vázquez Álvarez, Ricardo.

Vocais:

Barba Escribá, José.

Botana Caeiro, Andrés.

Grille Martínez, José Manuel.

Ricoy Riego, Antonio.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidente: Perujo de Llano, Félix.

Vocais:

Alonso da Silva, Pedro.

Botana Botana, Jorge.

García Lema, Antonio.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Presidente: Varela Vázquez, Carlos.

Vocais:

Fernández Estévez, María de la O.

Valerio Arias, Paulo Manuel.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Presidente: Durán Alonso, Juan.

Vocais:

Casado Tarín, Carlos.

Forcada Delgado, Claudio.

Pillo Guerreiro, Narciso.

Portela Rodríguez, Antonio.