Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.362

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 15 de marzo de 2000, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Na base común da Orde do 15 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo), regúlase e establécese a necesidade de realizar prácticas docentes previas ó nomeamento dos interesados como funcionarios de carreira, co obxecto de valora-las aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de ensino secundario serán nomeadas cinco comisións cualificadoras, unha para as disciplinas de lingua castelá e literatura, francés, inglés e lingua e literatura galega; outra para as disciplinas de música, psicoloxía e pedagoxía; outra para as disciplinas de tecnoloxía e educación física; outra para as disciplinas de debuxo, matemáticas, física e química e bioloxía e xeoloxía e outra para as disciplinas da formación profesional específica formadas por especialistas nas respectivas áreas e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de ensino secundario.

Segundo.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da inspección central.

-Tres vocais, designados entre os profesores técnicos de formación profesional.

Terceiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da inspección central.

-Dous vocais, designados entre os profesores de escolas oficiais de idiomas.

Cuarto.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de música e artes escénicas será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de música e artes escénicas.

Quinto.-A inspección ó servicio da Administración educativa poderá visita-lo profesorado en prácticas e emitirá un informe sobre o desenvolvemento da súa función, que será tido en conta pola comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal