Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 25 de abril de 2001 pola que se convocan prazas para residencia de educadores en centros de atención a menores dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

O Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polo Decreto 117/1999, do 23 de abril, e polo Decreto 202/2000, do 21 de xullo, que establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no seu artigo 1º asígnalle as competencias sobre protección de menores á citada consellería.

Coa realización desta convocatoria preténdese favorece-los estudiantes con escasos recursos económicos para o seu acceso ó ensino universitario e os licenciados universitarios que estean realizando estudios de doutoramento, ó mesmo tempo que se dotan de apoio no eido educativo e asistencial os

centros de atención de menores que se relacionan no anexo II desta orde.

Para este fin, nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, na aplicación económica 14.02.212B.228 existe un crédito de 4.930.000 pesetas para sufraga-lo gasto ocasionado.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócase a cobertura de 34 prazas para residencia de educadores en prácticas para o curso escolar 2001-2002 nos centros de internado de menores dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, segundo o número e distribución que figura no anexo II desta orde.

Artigo 2º

Son requisitos para participar na convocatoria os seguintes:

a) Ser español/a ou nacional de calquera país membro da Unión Europea ou do espacio económico euro

peo, legalmente establecido en España e con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter unha idade comprendida entre os dezaoito e os vintecinco anos, ámbolos dous incluídos, na data en que se presente a solicitude.

c) Estar cursando estudios superiores nunha facultade ou escola universitaria de Formación de Profesorado de EXB, Educación Social, Psicoloxía, Ciencias da Educación ou Psicopedagoxía, e ter aprobados integramente dous cursos dos devanditos estudios, ou ter finalizada unha licenciatura ou diplomatura.

d) Non ter perdido con anterioridade a condición de educador en prácticas por causa imputable ó solicitante.

e) Non padecer defecto físico que impida o desenvolvemento normal da actividade do centro.

Artigo 3º

Os interesados deberán cubri-la solicitude que figura no anexo I, podendo optar soamente por centro/s dunha mesma provincia, remitila e presentala na delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que corresponda, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xunto coa solicitude presentarán, así mesmo os seguintes documentos:

a) Xustificación de ingresos da unidade familiar: copia da declaración do IRPF de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.

No caso de non ter obriga de presentar declaración:

Os solicitantes de devolución rápida (Mod. 104) achegarán copia da comunicación que lles envía a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida (Mod. 104) achegarán certificación dos datos existentes na Administración, expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

b) Orixinal ou fotocopia compulsada do expediente académico, e un pequeno proxecto sobre un taller para realizar cos menores dos centros que soliciten.

c) Fotocopia compulsada dos certificados que acrediten a experiencia en animación socio cultural e coñecementos específicos en materia físico-deportiva.

d) Fotocopia compulsada da matrícula en facultades ou escolas universitarias e/ou do título que acredite os estudios realizados.

e) Acreditación, se é o seu caso, da condición de educador en prácticas en anos anteriores dalgún centro de menores dependente na actualidade desta consellería.

f) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade do solicitante ou do permiso de residencia outorgado polo Ministerio de Interior no suposto de nacionais da Unión Europea ou do espacio económico europeo, legalmente establecidos en España.

g) Certificado médico que acredite non padecer defecto físico que impida o desenvolvemento normal da actividade do centro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde.

Artigo 4º

A concesión da praza comporta:

a) Aloxamento e mantenza gratuítos no centro desde o 1 de setembro de 2001 ata o 30 de xuño do 2002. O aloxamento será de tal xeito que lle permita ó educador a normal realización dos seus estudios.

b) A asunción pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude dos gastos de matrícula de estudios superiores nunha facultade ou nun colexio universitario ata un importe de 30.000 pesetas, logo da xustificación.

c) A asunción pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de ata 15.000 pesetas en concepto de gastos de adquisición de libros relacionados cos estudios cursados polos educadores, logo da xustificación.

Se os educadores están a realiza-lo curso do doutoramento ou outro curso para completa-la súa formación, a consellería asumirá ata 45.000 pesetas en concepto de gastos de libros relacionados cos ditos cursos, igualmente logo da xustificación.

d) A asunción pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de ata 10.000 pesetas/mes durante dez meses, logo da xustificación polo director do centro da prestación de servicios como educador nos meses correspondentes.

e) Ó termina-la práctica, o educador presentará unha memoria da actividade realizada no centro, que será remitida á Dirección Xeral de Familia.

Artigo 5º

A condición de educador en prácticas obriga a este a realiza-las tarefas que a dirección do centro lle encomende en relación coa atención ós acollidos nel, en horario de actividade extraescolar. Estas deberanse realizar de tal xeito que resulten compatibles co aproveitamento académico do propio educador en prácticas.

Artigo 6º

Ó remata-la estadía no centro, a delegación provincial da consellería, logo do informe favorable do director do centro, entregaralles un diploma acreditativo das prácticas realizadas.

Artigo 7º

Para a adxudicación das prazas procederase da seguinte maneira:

1. Titulacións: terán prioridade os solicitantes con estudios en facultades de Psicoloxía, Ciencias da Educación, Psicopedagoxía, escolas universitarias de Formación do Profesorado de EXB e Educación Social.

2. Constituirase unha comisión por cada provincia onde se localicen os centros, presidida polo respectivo xefe de servicio de Familia, Infancia e Menores, e actuando como vocais un funcionario designado polo delegado e os directores dos centros que deban recibi-los educadores.A dita comisión examinará as solicitudes presentadas, valorando no seu conxunto os seguintes datos:

-Expediente académico universitario (de 0 a 5 puntos).

-Experiencia en animación socio cultural e coñecementos específicos en actividades deportivas (de 0 a 3 puntos).

-Situación económica da unidade familiar (De 0 a 5 puntos).

-Ter sido educador en prácticas dalgún centro de atención a menores dependente na actualidade desta consellería (de 0 a 5 puntos).

-Entrevista persoal na que se terán en conta as aptitudes e actitudes persoais para a función que se vai desempeñar (de 0 a 10 puntos).

A puntuación máxima será de 28 puntos.

3. A comisión competente confeccionará unha lista, por orde de preferencia, das solicitudes recibidas para cada centro, elevando a correspondente proposta de resolución ó delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo máximo de quince días, contados a partir do remate do prazo de presentación das instancias.

4. A resolución correspóndelle ó delegado provincial desta consellería, logo da fiscalización da Intervención, e comunicaráselles tanto ós centros como a tódolos solicitantes. O prazo máximo para resolver será de 2 meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde. No caso de non existir resolución expresa transcorrido o prazo, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta reso

lución, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8º

Os seleccionados terán un prazo de 10 días desde a notificación da concesión da praza para acredita-la domiciliación bancaria, para efectos do pagamento.

A non presentación en prazo da documentación referida ou a non suficiente acreditación dos méritos alegados na solicitude suporá a perda do dereito á praza, procedéndose a adxudicarlle esta ó seguinte solicitante que figura por orde de puntuación na lista confeccionada inicialmente.

Utilizarase este mesmo procedemento cando durante o curso escolar se produza algunha vacante nas prazas ofertadas.

No caso de non haber solicitudes para determinado centro ou se as que houbese fosen valoradas negativamente, a praza de educador será considerada deserta.

Unha vez que lle sexa asignada a praza de educador en prácticas nun centro determinado, deberase por en práctica o proxecto presentado a ese centro.

Artigo 9º

A concesión da praza non xera ningún tipo de vínculo laboral, administrativo nin de calquera outra orde entre a Administración e o beneficiario.

Artigo 10º

A condición de educador en prácticas extínguese ó remata-lo curso académico na data fixada no artigo 4º a) desta convocatoria, así como por renuncia expresa do interesado.

Así mesmo, o incumprimento por parte do educador das obrigas ás que se refire esta orde, a ausencia inxustificada, o non cumprimento da disciplina do centro, a obtención da praza sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión ou a non utilización coa finalidade para a que foi concedida serán causas da perda da condición de educador en prácticas para tódolos efectos. A resolución pola que se acorde esta circunstancia correspóndelles ós delegados provinciais desta consellería.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Familia para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventud

ANEXO II

Relación de centros e prazas de educadores en prácticas

ProvinciaCentroLocalidadeNº prazas

A CoruñaCasa Tutelar Jesús de NazaretA Coruña3

A CoruñaCentro Virxe do CarmeFerrol3

A CoruñaColexio San José de CalazanzA Coruña1

A CoruñaResidencia de Estudio SoutomaiorFerrol4

LugoCentro Educativo Santo Anxo da GardaRábade2

LugoCentro Educativo Virxe dos Ollos GrandesLugo2

OurenseCentro Educativo MontealegreOurense3

OurenseResidencia de estudios A CarballeiraOurense8

PontevedraCentro Especial Avelino MonteroPontevedra4

PontevedraCentro de Menores de MarínMarín1

PontevedraCentro Fogar San PaoioVigo3