Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 56/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión de bens de uso público municipal na alameda, para a realización de dous mercados de artesanía.

b) Lugar de execución: paseo da alameda (paseo dos Leóns) en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: o 1º do 15 ó 30 de xuño e o 2º do 1 ó 15 de setembro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 500.000 pesetas (3.005,06 euros), como mínimo, para a feira de xuño, e de 500.000 pesetas (3.005,06 euros), como mínimo para a feira de setembro, realizándose as ofertas á alza.

5. Garantías.

Provisional: 250.000 pesetas (1.502,53 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706-Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (contratación). Praza Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da última

publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada na cláusula 12 do prego.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 13 do prego.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde