Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

ANUNCIO.

Por este anuncio convócanse as seguintes prazas da oferta de emprego 2000 (BOE do 19 de decembro) segundo as bases aprobadas por Resolución do 8 de febreiro de 2001 e publicadas no BOP nº 47, do 26 de febreiro e no DOG nº 62, do 28 de marzo.

Técnico de Administración xeral. Subescala técnica. Grupo A. Prazas: 1.

Sistema de provisión: concurso-oposición.

Escala Administración xeral. Subescala administrativa. Grupo C. Prazas: 2.

Sistema de provisión: concurso por promoción interna.

Esta convocatoria farase pública no BOP, DOG, BOE, e taboleiro de edictos. As instancias solicitando tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro de entrada deste concello, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria na última das citadas publicacións.

Rois, 3 de abril de 2001.

Enrique José Tojo Blanco

Alcalde