Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001 pola que se anuncia o alleamento por poxa pública dunha parcela municipal na zona 4 do SU32.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ourense.

Dependencia na que se tramita o expediente: Oficialía Maior.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: alleamento, mediante poxa pública, dunha parcela municipal na zona 4 do SU32.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 96.000.000 de pesetas, 576.971,62 euros IVE incluído.

5. Fianzas.

Provisional: 2% do importe do tipo base.

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Oficialía Maior.

Enderezo: praza Maior, 1.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Teléfono: 988 38 81 06.

7. Requisitos.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e que non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 7, do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: no rexistro xeral, do concello, sito na praza maior, 1.

Localidade: Ourense.

Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Concello de Ourense.

Enderezo: praza Maior, 1.

Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de marzo de 2001.

Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González

Concelleiro