Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (223/2001).

Este anuncio deixa sen efecto o anterior, publicado no Diario Oficial de Galicia do 19-4-2001, sobre a obra de renovación do pavimento e servicios na rúa Caracol, procedéndose á convocatoria de poxa que terá o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación, por poxa, das obras de renovación do pavimento e servicios na rúa Caracol.

2. Prezo do contrato: 22.275.844 pesetas (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, das 9 ás 14 horas, agás o sábado, que será das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia (teranse en conta para estes efectos a última publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. A documentación necesaria e demais condicións desta poxa figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e no proxecto redactado pola arquitecta municipal, que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 26 de abril de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde