Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, do día 29 de marzo de 2001, publicáronse as bases das probas selectivas para prover por concurso-oposición unha praza de arquitecto técnico, persoal laboral fixo de novo ingreso.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo, de acordo co modelo oficial que figura como anexo, poderán presentarse no rexistro xeral deste concello, ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios do concello.

A Guarda, 30 de marzo de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde