Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de construcción do terreo de xogo do estadio municipal da Malata.

b) Prazo de execución:

b.1. Prazo parcial: establécense 20 días, contados desde o día seguinte ó de formalización da acta de comprobación de planeamento, para a instalación de drenaxes, substrato e realización da primeira semente, sinalándose, en todo caso, como data límite de finalización o día 7 de xullo.

b.2. Prazo total: establécense 90 días máximo, contados desde o día seguinte ó de formalización da acta de comprobación de planeamento, para a primeira utilización do terreo de xogo.

b.3. Cumpriranse, así mesmo, aqueles prazos parciais que sinale a dirección técnica, durante o transcurso da execución das obras.

O adxudicatario terá en conta que, cunha antelación de polo menos 15 días ó inicio das obras no terreo de xogo, deberá ter amoreado todo o material na explanada exterior do estadio da Malata, co fin de executa-las mesturas de fertilizantes, árido e turba. O dito acopio e mestura terán como data límite o día 27 de xuño.

3. Financiamento do contrato.

Dado que o contrato se tramita como expediente anticipado de gasto, queda supeditado o inicio da súa execución á existencia de crédito necesario e suficiente.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación.

Sinálase como tipo de licitación: 59.934.381 pesetas, incluído o IVE (360.212,88 euros).

Neste orzamento están incluidos os honorarios de dirección de obra.

6. Clasificación.

Categoría D, grupo A, subgrupo 1.

Categoría D, grupo K, subgrupo 6.

7. Garantía provisional.

Provisional: 1.198.688 pesetas.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Enderezo: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, sito na planta baixa.

1ª Entidade: Concello de Ferrol.

2ª Enderezo: praza de Armas, s/n.

3ª Localidade e código postal: Ferrol.15402.

4º Teléfono: 981 33 67 03.

5º Fax: 981 35 41 22.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 27 de abril de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde