Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios OU-105/01-I e cinco máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro por

non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os espedientados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, documentos,

informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.2º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, produicirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado porposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose

para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 6 de abril de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/Ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e

sancionador

Sanción pesetas

105/01María Lamela Fernández

DNI: 34.600.184-I

Avda. Portugal, 194 32002 OurenseAbandono vehículo OR-0447-FArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000 ptas.

114/01Ahed Dhaimini

DNI: X-1175550-C

Quiroga 44-3º, LugoAbandono vehículo OR-7589-EArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000 ptas.

82/01Aomed Fahallah

DNI: X-1141479

Avda. de Ourense 32630 Xinzo de LimiaAbandono vehículo OR-5562-EArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000 ptas.

17/01María Esther Buján Mata

DNI: 32.820.228

R/ San Vicente, 1-3º 15007 A CoruñaAbandono vehículo MU-0697-EArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000 ptas.

788/00Adelio Ribeiro García

DNI: 34.908.392

Zacarade 32530 IrixoAbandono vehículo M--0442-FArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000 ptas.

28/01José Pérez Fernández

DNI: 34.723.089

Guilss 7 17520 PuigcerdáAbandono vehículo M-5633-IUArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000 ptas.