Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña, que se citan.

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos corres

pondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 9 e 10/2001.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña.

b) División por lotes e números: dous.

*Lote 1: expediente 9/2001: servicio de restauración, mantemento e limpeza do campamento xuvenil Virxe de Loreto-Porto do Son (A Coruña).

*Lote 2: expediente 10/2001: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Furelos-Melide e Espiñeira-Boiro (A Coruña).

c) Lugar de execución: campamentos xuvenís Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son (A Coruña).

d) Prazo de execución: do 27 de xuño ata o 31 de agosto do 2001, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

*Lote 1: expediente 9/2001: 1.400 pesetas/praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 12.852.000 pesetas (77.242 euros) IVE incluído, en función dun máximo de 9.180 prazas.

* Lote 2: expediente 10/2001: 1.400 pesetas/praza/día , IVE incluído, ata un máximo de 6.450 prazas en Espiñeira-Boiro e 1.500 pesetas/praza/día ata un máximo de 4.065 prazas en Furelos-Melide. Establécese un orzamento calculado de gasto de 15.127.500 pesetas (90.918 euros) IVE incluído, en función dun máximo de 10.515 prazas.

5. Garantías.

a) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00/18.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=299.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=298.

7. Requisitos específicos del contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

2º Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

3º Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 10 de abril de 2001.

Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña