Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador P-53/2000, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-53/2000, contra Antonio Barros Sanjuán, por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-la proposta de resolución por resultar descoñecido o domicilio de Antonio Barros Sanjuán.

Proposta de resolución.

Primeiro.-Sanciona-la empresa operadora Galijuegos, S.L., solidariamente cos seus xerentes ou apoderados, cunha multa dun millón unha pesetas (1.000.001 pesetas), como responsable da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico quinto desta proposta de resolución.

Segundo.-Sancionar a Antonio Barros Sanjuán, titular do establecemento chamado Bar Mar Azul, sito na avda. de Canido, praia do concello de Vigo, con multa dun millón unha pesetas (1.000.001 pesetas), como responsable da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico quinto desta proposta de resolución.

Segundo.-Proponse como sanción accesoria o comiso da máquina en cuestión.

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, no prazo de oito días a partir do seguinte ó da notificación, alega-lo que ó seu dereito conveña, de conformidade co establecido no artigo 7.2º.d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

Pontevedra, 3 de abril de 2001.

Juan Girón Astray

Instructor