Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/41-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. a C.T. Azkar.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 40 m en conductor R.H.Z. 1 12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. ó C.T. Unvi e remata na L.M.T.S. ó C.T. Pazos logo de subministrar ó C.T. Azkar proxectado con 250 kVA R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de abril de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense