Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/39-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. Portugal, 14.

Situación: O Barco.

Descricións técnicas: liña de M.T. subterránea a 20 kV (tensión de servicio 15 kV), de 265 m en conductor R.H.Z. 1-12/20 kV, derivada desde a liña aérea Circunvalación e Rubiá, e remata no C.T. tipo interior proxectado con 400 kV a R/T 15.000/380-220 V no nº 14 da r/ avda. de Portugal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense