Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación (expediente 296/2001).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Marín.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Número de expediente: 296/2001.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: instalación, mantemento e explotación publicitaria de marquesiñas.

Prazo do contrato: 10 anos, contados a partir da data de formalización do contrato, podendo propoñe-los licitantes un período inferior.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Prezo do contrato.

Dado que o contrato leva consigo a explotación publicitaria das marquesiñas, os licitadores deberán presentar na súa oferta canon para aboar anualmente ó Concello de Marín, que non lle aboará ningunha contraprestación económica ningunha ó adxudicatario.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Marín (Secretaría).

Enderezo: avda. Ourense, s/n.

Localidade e código postal: Marín-36900.

Teléfono: 986 88 03 00.

Fax: 986 88 20 13.

Data límite para solicitar documentación e información: ata o día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e técnica: poderá acreditarse por calquera dos medios esixidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: quince días naturais (15) contados desde o último día de publicación deste anuncio no DOG e no BOP.

Documentación que integrará as ofertas: constará de dous sobres:

Sobre A, baixo a denominación Documentación xeral. Incluiranse os documentos que acrediten a personalidade do empresario ou persoa que o represente.

Sobre B, Proposición económica e técnica.

Proposición económica axustada ó modelo de prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral Concello de Marín, sito en avda. Ourense s/n, Marín 36900.

9. Apertura de ofertas.

Na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, en acto público que terá lugar ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de instancias, agás que coincida en sábado, suposto no que o acto se trasladará ó luns seguinte á mesma hora. Neste acto abrirase o sobre B e darase conta da cualificación da documentación xeral.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó que figura no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Marín, 24 de abril de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente