Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal na súa sesión realizada o día 13 de marzo de 2001, acordou:

Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da unidade de actuación resultante da unión dos ámbitos da UU.AA. 39, 40 e 41 do PXOU, promovido pola sociedade propietaria dos terreos Unión Atalaya, S.L. e redactado polo arquitecto Gonzalo García Martínez que ten por obxecto precisar aliñacións e rasantes e ordena-los volumes da edificación correspondente.

O estudio de detalle que se aproba substitúe o aprobado definitivamente polo Pleno Municipal na sesión do 29 de xullo de 1997 para a UA 41 que queda sen efecto.

Determinar que este acordo esgota a vía administrativa e pode impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous

meses que se contará desde a súa publicación, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer previamente recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o adoptou.

Culleredo, 19 de marzo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo