Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Tranvías del Ferrol, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Tranvías del Ferrol, S.A. (código convenio 1501552) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-3-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 29-3-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de abril de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Tranvías del Ferrol, S.A.

Actividade: transporte de viaxeiros en autobús

Capítulo I

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación na empresa Tranvías del Ferrol, S.A., de Ferrol, e afectará a todo o persoal da empresa que non quede excluído pola aplicación da lexislación vixente. Será complementario da ordenanza laboral que encadra os servicios de transporte por estrada.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia indistintamente. Non obstante, producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 2001, e a súa duración será ata o día 31 de decembro do ano 2003.

Revisión e rescisión

Artigo 3º.-Revisión, rescisión ou prórroga.

Calquera das partes poderá formular denuncia propondo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto á data de expiración do período de vixencia ou de calquera das súas prórrogas. No caso de prorrogarse pola tácita, a prórroga do convenio levará consigo o incremento de tódolos conceptos económicos pactados, equivalente ó índice de prezos de consumo dos doce meses inmediatamente anteriores.

Artigo 4º.-Respecto de dereitos.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio, respecto das materias obxecto de regulación incluído o complemento de distancia.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 5º.-Retribucións.

Os salarios para o presente convenio establécense incrementando sobre o ano anterior a seguinte progresión:

Ano 2001, IPC real máis 1 punto.

Ano 2002, IPC real máis 1 punto.

Ano 2003, IPC real máis 1 punto.

O salario conformarase cada ano aumentando o IPC previsto oficialmente para el e se o 31 de decembro respectivo sufrise variación, esta rectificarase para establece-lo IPC real. Esta rectificación levarase a cabo tan pronto o constate o INE e terá efectos desde o primeiro de xaneiro do ano correspondente, repercutindo a mesma variación na masa salarial.

As táboas salariais quedan configuradas no anexo I.

Capítulo III

Disposicións varias

Artigo 6º.- Aumentos por antigüidade.

Os premios por antigüidade para cada categoría profesional son os establecidos no anexo II. Producirán efecto a partir do día 1 do mes en que vence a antigüidade. O persoal ingresado a partir do 1 de xaneiro de 1995 non devengará aumentos por antigüidade. Para o persoal ingresado a partir do 1 de xaneiro de 1995, créase un complemento de compensación por antigüidade de 4.000 pesetas mensuais.

Artigo 7º.-Tempo de presencia.

A valoración do tempo de presencia, para o período que comprende este convenio, establécese, para cada categoría profesional afectada, nas cantidades reflectidas no anexo III. O valor A aplicarase ós días laborables e o valor B ós domingos e festivos.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias, correspondentes ás pagas de verán e Nadal, consistirán en trinta días do salario de convenio establecido no anexo I, e a antigüidade que a cada traballador lle corresponda conforme o anexo II. O persoal ingresado a partir do 1 de xaneiro de 1995 percibirá o complemento de compensación por antigüidade.

Artigo 9º.-Beneficios.

En concepto de participación en beneficios sinálase un 10% anual, calculado sobre o salario de convenio e a antigüidade ou complemento de compensación por antigüidade se é o caso, incluídas as gratificacións extraordinarias. Aboarase por semestres vencidos, a principio dos meses de abril e outubro de cada ano.

Artigo 10º.-Gratificación especial por quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os cobradores percibirán mensualmente 4.024 pesetas, e os conductores-perceptores 4.614 pesetas. Os valores totais anuais por este concepto son os que figuran no anexo VII.

Artigo 11º.-Traballos realizados en domingos e festivos.

Os xornais dos domingos e días festivos establécense na contía sinalada no anexo IV deste convenio, sen prexuízo da concesión dun día laborable para o descanso semanal.

Artigo 12º.-Complemento de máquina.

Os conductores-perceptores percibirán por este concepto un complemento mensual na contía de 17.971 pesetas, percibíndose igualmente nas vacacións anuais. Cando por conveniencia da empresa, atendendo ás necesidades do servicio, un conductor-perceptor fose destinado a unha liña na que unicamente tivese que desempeña-las funcións de conductor ou cobrador, seguirá percibindo este complemento salarial.

Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.

Queda fixado nos valores que se reflicten no anexo V.

Artigo 14º.-Complemento desgaste-ferramentas.

Todo o persoal que preste os seus servicios no taller percibirá por este concepto a cantidade de 4.749 pesetas mensuais, percibíndose igualmente nas vacacións anuais.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores da empresa Tranvías del Ferrol S.A., sen distinción de emprego nin categoría, que leven un ano da ntigüidade na empresa, desfrutarán dun período de vacacións regulamentarias igual a trinta días naturais, que será, ademais, o tope máximo de vacacións para todo o persoal e serán retribuídas a razón de salario de convenio, antigüidade, complemento de compensación por antigüidade e complemento de ferramenta ou complemento de máquina, de se-lo caso.

A quenda de vacacións distribuirase da seguinte forma:

Os meses de maio a setembro, ambos inclusive, formarán o tempo de verán e os restantes o de inverno. Cada traballador desfrutará as súas vacacións alternando cada ano o tempo de verán ou inverno e rotando o mes de cada tempo.

O persoal con menos dun ano de antigüidade na empresa desfrutará, dentro do primeiro ano natural de prestación dos seus servicios, da parte proporcional de vacacións.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

a) Tres días en caso de falecemento de cónxuxe, parella, pais e fillos, tanto carnais como políticos.

b) Dous días en caso de falecemento de irmáns, avós e netos, tanto carnais como políticos.

c) Dous días laborables en caso de nacemento dun fillo.

d) Dous días por enfermidade grave do cónxuxe, parella, pais e fillos, tanto carnais como políticos.

e) Un día en caso da voda dun fillo, coincidindo co día da cerimonia.

f) Un día de licencia para o caso de renova-lo carné de conducir.

Para o resto de licencias aplicarase o disposto no E.T., Lei 8/1980.

Cando por tal motivo o traballador teña que realizar un desprazamento fóra da provincia, o prazo será ampliado en dous días máis.

Logo de xustificación suficiente, establécese a posibilidade de desfrute dun permiso non retribuído para a resolución de asuntos particulares que non admitan demora ata a data das vacacións regulamentarias do traballador.

Este permiso non poderá ser superior a sete días e non será acumulable ás vacacións nin a calquera outra licencia estatutariamente establecida. O traballador terá a obriga de solicitalo cunha semana de antelación, comunicándollo asemade ó comité de empresa, o cal poderá pronunciarse ante a empresa, na forma que estime conveniente, sobre a referida solicitude. A empresa, se non concorren causas razoables que o impidan, deberá concede-lo permiso solicitado.

Artigo 17º.-Excedencias.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa dun ano, como mínimo, teñen dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor a dous anos e non maior de cinco.

O reingreso deberá ser solicitado cun mes de antelación á terminación da excedencia e producirase de forma automática, sempre e cando a lexislación vixente en cada momento permita a contratación temporal por períodos equivalentes ó da excedencia.

En caso contrario, atenderase o disposto no Estatuto dos traballadores

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada anual de traballo durante a vixencia do presente convenio será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo, equivalente a 40 horas semanais.

Ámbalas dúas partes comprométense a iniciar un estudio de cara a alcanzar un acordo, que posibilite a implantación de xornada partida, para novas actividades da empresa que afectaría de forma rotativa a unha porcentaxe do cadro do persoal de movemento.

Artigo 19º.-Garantías no traballo.

Todo conductor ou conductor-perceptor, de se-lo caso, que conducindo un vehículo da empresa, cometese unha infracción que acarrease a retirada do carné de conducir, terá dereito a desempeñar, sen perda da súa categoría profesional, o posto que eventualmente puidese asignarlle a empresa. Para iso será necesario o previo informe favorable do comité de empresa, que deberá pronunciarse sobre as circunstancias que en cada caso concorran.

Artigo 20º.-Pases de libre circulación.

As esposas, esposos ou parellas de feito se é o caso, fillos, viúvas, xubilados, pensionistas de longa enfermidade e invalidez e os fillos orfos de traballadores que o soliciten, terán dereito a un pase gratuíto para viaxar nos vehículos da empresa. No que respecta ós fillos e orfos, gozarán de tal beneficio ata os 26 anos, sempre e cando acreditasen a súa necesidade en función de estudios, que estivesen realizando, se algún dos beneficiarios traballase perdería tal beneficio, excepto se estivese realizando aprendizaxe, caso no que se lle respectará ata a idade que sinale a ordenanza laboral para as empresas de transportes por estrada, facendo extensivos estes beneficios para os fillos dos xubilados ou pensionistas de longa enfermidade e invalidez.

Artigo 21º.-Libre acceso ós vehículos.

Tódolos traballadores da Compañía de Tranvías del Ferrol, con presentación da tarxeta de identidade da empresa, terán libre acceso ós vehículos desta.

Artigo 22º.-Uniformes.

A empresa dotará a todo o persoal da uniformidade conforme se especifica a continuación, debendo vestir con limpeza e propiedade.

Cada dous anos entregaráselle ó persoal de movemento un uniforme completo composto de dúas chaquetas, dous pantalóns, e catro camisas.

Dotarase de botas de seguridade e fundas a todo o persoal de talleres. Manterase nas actuais condicións a entrega do anorak.

Capítulo IV

Previsión

Artigo 23º.-Complemento de indemnización.

Aboamento da IT, nos casos de baixa por accidente de traballo e enfermidade común.

Os quince primeiros días en caso de IT por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata o 100%, sobre os conceptos de soldo e antigüidade.

A partir do día quince de rebaixe, aboarase o 100% sobre os conceptos de soldo, antigüidade ou complemento de compensación por antigüidade, se é o caso, complemento de máquina, domingos e festivos no caso dos conductores, e no caso do persoal de taller, a nocturnidade. Este mesmo tratamento aplicarase nos casos de hospitalización e accidente de traballo, desde o primeiro día. O cálculo farase sempre sobre cómputo mensual teórico.

No caso de ser variada a normativa actual de aboamento da IT por parte do Goberno, ámbalas partes están obrigadas á revisión deste acordo.

Artigo 24º.-Defunción.

Cando un traballador faleza, estando en activo, a empresa aboaralles ós familiares que estivesen convivindo co falecido, o importe de trinta días de salario de convenio, incrementado coa antigüidade ou complemento de compensación por antigüidade, de se-lo caso. Esta cantidade pagaráselles, exclusivamente, ós familiares que mantivesen co falecido o grao de consanguinidade e segundo a orde que se indica:

1) cónxuxe viúvo, 2) fillos, 3) pais.

Capítulo V

Participación dos traballadores

Artigo 25º.-Do comité de empresa.

1. O comité de empresa, como órgano representativo, colectivo e unitario de tódolos traballadores da empresa, ten como función fundamental a defensa dos intereses dos seus representados, así como a negociación e representación ante a dirección da empresa. O comité de empresa terá as seguintes competencias:

1.1. Recibir información, que lle será facilitada, trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade,

sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións que a estes.

1.3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este, sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

e) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

1.5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

1.6. Ser informados de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

1.7. Coñecer, trimestralmente, polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

1.8. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresas en vigor, formulando, de se-lo caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas particularidades previstas polo artigo 19 do Estatuto dos traballadores.

1.9. Participar, como se determina por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

1.11. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinaladas no númeiro 1 en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

2. Os informes que deba emiti-lo comité, a teor das competencias recoñecidas nos puntos 1.3 e 1.4 do número 1 anterior, deben elaborarse no prazo de quince días.

3. O texto íntegro dos convenios que cheguen a ser asinados exporase no taboleiro de anuncios, e permanecerá nel durante a súa vixencia. Á parte diso, facilitaráselle a cada traballador un exemplar do convenio vixente.

4. Asembleas: a empresa autorizará a realización de catro asembleas ordinarias ó ano, que terán lugar dentro do recinto dos seus locais e fóra das horas de traballo, para dar información xeral. O número de asembleas poderá ser ampliado con outras extraordinarias, para tratar temas de convenios ou conflictos colectivos, sempre que o comité de empresa xustifique a súa necesidade ante esta. A petición para a realización de cada asemblea ordinaria deberá ser presentada á empresa cun mínimo de antelación de 48 horas. A petición para as extraordinarias poderá facerse en calquera momento antes da súa realización.

O comité de empresa poderá estar asistido, para os efectos do parágrafo anterior, polos asesores dos seus sindicatos respectivos. O comité de empresa garantirá a orde e será responsable das deterioracións que puidesen producirse nas instalacións e material.

Artigo 26º.-Cota sindical.

A empresa, por petición dos seus traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten cunha afiliación, no seo da empresa, non inferior ó 10% do cadro de persoal, descontará a cota sindical correspondente directamente do recibo de salarios, depositando as cotas nas contas bancarias que para o efecto sinalen as centrais sindicais correspondentes, e sempre que esa conta estea aberta nun banco que teña sucursal en Ferrol.

Da comisión paritaria

Artigo 27º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

En caso de dúbida ou discrepancia, a comisión elevaría consulta á autoridade laboral competente.

A comisión comporase de catro vocais, dous por cada parte, de entre os que actuaron na deliberación do presente convenio. Levantaranse actas dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinadas polas persoas que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación, aínda que estes non teñan dereito a voto.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, e en segunda, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de antemán de acordo sobre o lugar, día e hora da reunión.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio.

Disposición derradeira

Artigo 28º.-Disposición derradeira.

As condicións aquí pactadas son, en conxunto, máis favorables que as mínimas legais que ó traballador lle corresponden, formando un todo indivisible, e para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.

Estas condicións absorben e compensan as que anteriormente rexesen por disposición legal, mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa, contrato individual ou calquera outra causa. Así mesmo, as melloras económicas aquí establecidas absorberán e compensarán globalmente as que puidesen establecerse durante a vixencia deste convenio por calquera disposición obrigatoria.

ANEXO I

2001 3%

CategoríasSalario

mes/día

Administración
Xefe de servicios150.028 mes
Xefe de negociado147.231 mes
Oficial de 1ª137.942 mes
Oficial de 2ª135.520 mes
Auxiliar de administración129.784 mes

Movemento
Xefe de tráfico149.767 mes
Inspector4.250 día
Cobrador4.145 día
Conductor-perceptor4.225 día

Taller
Xefe de taller149.767 mes
Xefe de equipo4.649 día
Oficial de 1ª4.225 día
Oficial de 2ª4.195 día
Oficial de 3ª4.164 día
Mozo4.135 día
Complemento de máquina17.971 mes
Quebranto de moeda conductor4.614 mes
Quebranto de moeda cobrador4.024 mes
Complemento desgaste-ferramenta4.749 mes
Complemento compesación de antigüidade4.000 mes

ANEXO II

Antigüidade

2001 3%

Día/mes

Categorías2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos29 anos34 anos39 anos

Administración
Xefe de servicios4.3818.76717.53426.30635.06943.87652.59961.36370.139
Xefe de negociado4.1528.31616.62524.93633.24841.56249.87858.19166.502
Oficial de 1ª3.8827.77115.53523.30631.07538.84546.61854.38762.152
Oficial de 2ª3.7847.56515.14222.70030.27437.84545.41852.98260.548
Auxiliar admón.3.5487.09314.19221.28528.37835.47342.57549.67256.761

Movemento
Xefe de tráfico4.2758.55717.10025.65134.19842.74351.29959.85568.402
Inspector1152354666969291.1551.3881.6251.850
Cobrador1122274436708921.1141.3441.5601.787
Conductor-perc.1152294586869221.1471.3761.6081.843

Taller
Xefe de taller4.2758.55717.10025.65134.19842.74351.29959.85568.402
Xefe de equipo1282535087601.0081.2671.4291.7742.025
Oficial de 1ª1152294586869221.1471.3761.6081.841
Oficial de 2ª1152284576829061.1371.3641.5911.820
Oficial de 3ª1122284506748981.1301.3481.5721.793
Mozo1122274406638901.1121.3291.5511.779

ANEXO III

Tempo de presencia

A: laborables

B: domingos e festivos

Antigüidade

CategoríasSen ant.2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos29 anos34 anos39 anos

Inspect.1.078 1.2471.105 1.2901.136 1.3341.194 1.4271.324 1.5111.388 1.5991.450 1.6891.504 1.7701.561 1.8621.633 1.950
Cobrad.1.050 1.2181.079 1.2541.110 1.3031.163 1.3841.224 1.4631.355 1.5551.403 1.6371.462 1.7231.514 1.8041.575 1.887
Cond.-per.1.137 1.2351.168 1.2801.198 1.3311.255 1.4171.315 1.5041.372 1.5881.432 1.6751.492 1.7591.547 1.8521.613 1.929

ANEXO IV

Domingos e festivos

2001 3%

Antigüidade

CategoríasSen ant.2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos29 anos34 anos39 anos

Administración
Xefe de servicios1.3291.3921.4601.5901.7171.8541.9832.1742.2512.381
Xefe de negociado1.2511.3191.3831.5051.6381.7591.8812.0092.1352.260
Oficial 1ª admón.1.1671.2301.2901.4051.5291.6421.7571.8801.9932.120
Oficial 2ª admón.1.1441.1961.2541.3741.4861.5991.7151.8291.9392.058
Auxiliar admón.1.0711.1261.1821.2791.3911.5041.6091.7151.8221.927

Movemento
Xefe de tráfico1.2251.2811.3471.4631.5901.7131.8321.9532.0782.201
Inspector1.0621.1141.1671.2771.3821.4881.5991.6961.8071.916
Cobrador1.0241.0761.1261.2261.3321.4321.5371.6381.7421.845
Conductor-perc.1.0501.0951.1611.2591.3741.4821.5881.6891.7951.912

Taller
Xefe de taller1.2251.2811.3471.4631.5901.7131.8321.9532.0782.201
Xefe de equipo1.1561.2181.2791.3871.5111.6321.7551.8601.9752.088
Oficial 1ª taller1.0501.1051.1611.2611.3741.4821.5881.6891.7951.896
Oficial 2ª taller1.0431.0971.1471.2511.3571.4611.5681.6681.7701.881
Oficial 3ª taller1.0281.0781.1301.2351.3341.4331.5411.6511.7491.854
Mozo de taller1.0151.0711.1231.2251.3281.4281.5321.6331.7311.835

ANEXO V

Nocturnidade

2001 3%

Antigüidade

CategoríasSen ant.2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos29 anos34 anos39 anos

Oficial 1ª526553582633685735790842893951
Oficial 2ª520546574627677731780837889938
Oficial 3ª516545564614670720775822871926
Mozo506531555611662708761815866918

ANEXO VI

Horas extras

Antigüidade

CategoríasSen ant.2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos29 anos34 anos39 anos

Inspector1.8841.9361.9892.0892.1932.2952.3982.5012.6072.710
Cobrador1.8391.8871.9382.0332.1352.2342.3292.4362.5312.631
Cond.-perc.1.9952.0492.1002.2022.3052.4032.5072.6092.7112.819
Oficial 1ª1.8721.9241.9762.0782.1772.2802.3832.4842.5842.689
Oficial 2ª1.8621.9121.9622.0642.1642.2672.3672.4662.5682.670
Oficial 3ª1.8431.8971.9462.0462.1432.2452.3442.4422.5432.642

ANEXO VII

Táboa de remuneración anual en función das horas anuais de traballo

CategoríasSalario convenioQuebr. moedaCompl. ferram.

maquina.

Total anoHoras traballo

Xefe de servicios2.310.4312.310.4311.826 H 27'
Xefe de negociado2.267.3572.267.3571.826 H 27'
Oficial 1ª admón.2.124.3072.124.3071.826 H 27'
Oficial 2ª admón.2.087.0082.087.0081.826 H 27'
Auxiliar admón.1.998.6741.998.6741.826 H 27'
Xefe de tráfico2.306.4122.306.4121.826 H 27'
Inspector1.986.8751.986.8751.826 H 27'
Cobrador1.937.78844.2641.982.0521.826 H 27'
Conductor-perc.1.975.18850.754215.6522.241.5941.826 H 27'
Xefe de taller2.306.41256.9922.363.4041.826 H 27'
Jefe de equipo2.173.40856.9922.230.4001.826 H 27'
Oficial 1ª taller1.975.18856.9922.032.1801.826 H 27'
Oficial 2ª taller1.961.16356.9922.018.1551.826 H 27'
Oficial 3ª taller1.946.67056.9922.003.6621.826 H 27'
Mozo1.933.11356.9921.990.1051.826 H 27'