Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Gondomar.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Gondomar, con nº de código 3603252, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-11-2001, subscrita pola comisión paritaria do convenio en data 23-11-2000. De conformidade co disposto no artigo 45 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispone-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial

Categoría

Grupo

Soldo/mes

2001

Titulado superiorA250.000

Titulado grao medioB200.000

Asistente socialB232.970

Profesor de músicaB207.018

Coordinador socio-cult. e de xuventudeC180.000

CapatazD146.623

Inspector de obrasD141.744

Auxiliar admtvo.D112.959

Aux. policía localD110.033

Oficial 1ª oficiosD141.744

CeladorE129.272

Operador de paE139.218

Peón especializadoE132.717

PeónE110.033

LimpadorE95.594

Categoría

Grupo

Soldo/mes

2001

VarredorE127.922

ConductorE118.148

Oficial 2ª oficiosE137.383