A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 46/2001, interposto por Mª José Ramos Rey, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 13 de febreiro de 2001, pola que se desestima o recurso de reposición inter
posto contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de xuño de 2000, sobre integración definitiva nas escalas de informática creadas pola Lei 15/1991, do 28 de decembro.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2001.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública