1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello de Ribeira.
Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
Denominación do proxecto: recuperación e mellora do núcleo rural de Vixán (Carreira).
Prazo de execución: as obras rematarán antes do 27 de xuño de 2001.
Plan: municipal, subvencionado polo Proder.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Forma: concurso.
Procedemento: aberto.
Tramitación: urxente.
4. Orzamento:
Prazo base de licitación: 18.406.632 pesetas (IVE incluído).
5. Garantías:
Provisional: 368.133 pesetas.
Definitiva: O 4% do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información:
Entidade: Concello de Ribeira.
Domicilio: praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). CP 15960.
Teléfono: 981 83 54 17.
Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.
7. Requisitos do contratista:
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.
Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.
Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
9. Apertura das ofertas:
Lugar: Casa do Concello de Ribeira.
Data e hora: o día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.
10. Gastos:
Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ribeira, 30 de abril de 2001.
José Luis Torres Colomer
Alcalde