Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios necesarios para a organización e montaxe do II Día da Música Xove en Sada-A Coruña.

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos corres

pondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 2/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación dos servicios necesarios para a organización e montaxe do II Día da Música Xove en Sada-A Coruña.

b) Lugar de execución: Sada-A Coruña.

c) Prazo de execución: 30 de xuño de 2001 -un día-.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.500.000 pesetas, IVE incluído (51.086.03 euros).

5. Garantías.

Provisional: no se esixe.

Definitiva: 340.000 pesetas (2.043,44 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=342.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

2. Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 20 de abril de 2001.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña