Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público, con procedemento aberto, para a subministración de vestiario para o persoal da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil (Unidade da policía nacional adscrita á Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, nun lote único, de vestiario para o persoal da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil (Unidade da policía nacional adscrita á Xunta de Galicia).

b) Número de unidades que se van entregar: segundo o sinalado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: segundo o sinalado no punto 1º do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de entrega: o sinalado pola Administración contratante.

e) Prazo de entrega: dous meses e medio contados desde o día seguinte á data da sinatura do contrato

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.592.611 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 291.852 pesetas (2% do orzamento de licitación).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 45 17 /981 54 64 41.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

g) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás nove horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais