Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 96/2001, do 19 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Ourense, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 71 Plan Operativo Local 2000. Estrada provincial 401 Posío-Cumial (tramo Zaín-As Curuxeiras) (concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas).

A Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 27 de outubro de 2000, aprobou o proxecto de obra número 71 Plan Operativo Local 2000. Estrada provincial 401 Posío-Cumial (tramo Zaín-As Curuxeiras) (concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas) e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Ourense foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3 de abril de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de marzo de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado por

que, segundo sinala a deputación, se trata de mellora-los problemas de circulación derivados do intenso tráfico da zona por servir de acceso ó polígono industrial e atravesar amplas zonas residenciais, presentando cinco puntos con dificultade para o tránsito rodado, cun largo da plataforma menor có resto da vía, o que provoca uns estrangulamentos na calzada que resultan perigosos tanto para os vehículos como para os peóns.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de abril de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación pola Deputación Provincial de Ourense para efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto da obra número 71 Plan Operativo Local 2000. Estrada provincial 401 Posío-Cumial (tramo Zaín-As Curuxeiras) (concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas).

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais