Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007176/2001 interposto por Salvador Muñoz Nogueiras, Enrique Gómez Gómez e Gloria Fernández Collazo.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0007176/2001, interposto por Salvador Muñoz Nogueiras, Enrique Gó-

mez Gómez e Gloria Fernández Collazo contra o Decreto 62/2000, do 16 de marzo (DOG nº 64, do 31 de marzo), polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Vigo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación de leitos naturais e separación de augas pluviais no concello de Vigo.

Esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción conten-

cioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local